domingo, 23 de outubro de 2022

🎃Obradoiro da historia do samaín🎃



O vindeiro venres 28 de outubro queremos celebrar a proximidade de Samain cun obradoiro sobre a historia desta celebración en Galicia.

Será de 16:30 a 18:00 horas no colexio.

Despois contaránnos o conto “A bruxa regañadentes”. 🧙🏽‍♀️

E para que na noite de Samaín, non se nos acheguen nin bruxas, nin pantasmas, nin trasgos, nin outras criaturas máxicas construiremos un amuleto 🎖️artesanal antimeigas. Como o faremos? Empregaremos arxila, que é un elemento orgánico ideal para modelar de forma artesanal e artística, darémoslle forma e o decoraremos. Ademais, ao noso amuleto, poñerémoslle unha corda para poder levalo co
nnosco coma un colar protector, ó que lle transmitiremos maxia a través dun feitizo que pronunciaremos todas e todos. 

Para rematar teremos unha pequena merenda con chocolate. 

Recadaremos un bote de 5€ por familia socia y 8€ familia NO socia que participe na merenda.

Precisamos que confirmes a asistencia respondendo ó correo electrónico do anpa.

 Esperamos que o pasedes moi ben.

Por suposto podedes vir disfrazados!!🧛🧛‍♀️

Ningún comentario:

Publicar un comentario