Lamentamos comunicarvos que a festa de Nadal, que ían organizar os
alumnos de 6º, tivo que ser cancelada, posto que as urnas, mesas e
cabinas para as eleccións do domingo día 21 de decembro xa quedan
montadas o venres ao mediodía e despois non se pode entrar no centro.
O adianto de data non é posible posto que as familias organizadoras non
poden outro día.
Agradecemos a vosa colaboración e xenerosidade na
achega de libros. Esperamos poder celebrar a festa pasado o Nadal ou ben
en Entroido.
Ningún comentario:
Publicar un comentario