mércores, 2 de decembro de 2015

Ludoteca de Nadal no CEIP Froebel

Un Nadal con tradición


Esta ludoteca terá lugar do 21 de decembro ao 5 de xaneiro, de 9:00h a 14:00h, co seguinte programa:

- Elaboración de xogos e xoguetes 
- Obradoiro de agasallos artesanais
- Actividades deportivas
- Os xogos das nosas avoas
- Decoración do ramo e outras tradicións do Nadal galego
- Realización dunha curtametraxe (Conto de Nadal)
- O Pandingueiro invisible (Cheirabarrigas)
- Cantos de Reis
- Bailes de Reis. Danzas das fitas e os arcos
- Saídas

As prazas son limitadas.

As inscricións realizaranse depositando a FICHA DE INSCRICIÓN na caixa de correo da ANPA ou ben enviándoa por e-mail a anpa.froebel@gmail.com. Tamén se pode entregar en persoa os xoves, no local da ANPA, entre as 9.00h e as 9.30h.

Prezo: 50€ socios/as da ANPA.
           70€ non socios/as

Documentación: fotocopia do DNI do/a neno/a ou do libro de familia e fotocopia da tarxeta sanitaria.

Ademáis, a empresa organizadora infórmanos que, para quen o solicite, ofrece o servizo de entrada media hora antes (é dicir as 8:30h) e de saída media hora despois (ás 14:30h). A quen lle interese que o anote na ficha de inscrición ou ben que nos envíe un correo electrónico. Este servizo ten un custo de 5 euros se se adianta a hora de entrada, e de 5 euros se se atrasa a hora de saída (10 euros as dúas opcións) a maiores do prezo da ludoteca.

Ningún comentario:

Publicar un comentario