O Concello de Pontevedra, despois de poñer en marcha o Camiño Escolar Seguro, solicita voluntarios e voluntarias para axudar a cruzar aos nenos e nenas nos pasos de peóns durante as horas de entrada e saída do colexio. A idea inicial de facer a cidade máis segura para os nenos e nenas contemplaba a idea do voluntariado nas rúas, con habitantes da contorna escolar, e é un tema que desexan retomar para que realmente exista unha verdadeira conexión entre os habitantes do barrio.
Por iso búscanse persoas voluntarias para estar, entre as 8:40h e as 9:10h da mañá e entre as 13:50 e as 14:20h da tarde, nos pasos de peóns, axudando aos nenos e nenas no que poidan necesitar.
Se estás interesado ou coñeces a alguén que o estea (vale calquera adulto de calquera idade), por favor ponte en contacto coa ANPA. Podes cubrir cos teus datos a seguinte FICHA e entregala na caixa de correos da ANPA antes do día 30 de novembro para que o Concello poida poñerse en contacto contigo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario