Convocamos unha asemblea xeral extraordinaria para o próximo mércores 10 de xuño, ás 18:00 h (primeira convocatoria) e ás 18:15 h (segunda convocatoria), no colexio, coa seguinte orde do día:
- Actualización das obras de acondicionamento para illar acústicamente o comedor.
- Votación para a renovación da Xunta Directiva.
- Outros asuntos.
Habrá servizo de gardaría de 18:00 a 20:00 para quen o precise.
As candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva deberán enviarse a este correo electrónico (anpa.froebel@gmail.com) antes do 10 de xuño (pola mañá).
Envíamovos os estatutos da asociación por se desexades revisalos. Aquí tedes as instrucións establecidas para a elección da nova XD:
As normas para a elección da Xunta Directiva están reguladas específicamente no Artigo 13º (apartados 3 e 4).
Requisitos xerais e presentación de candidaturas
Candidaturas pechadas: A elección da Xunta Directiva farase pola Asemblea Xeral entre as candidaturas pechadas que cumpran os requisitos esixibles en tempo e forma.
Prazo de presentación: As candidaturas á Xunta Directiva presentaranse por escrito dirixido ao Secretario da Asociación dende a data da convocatoria da Asemblea Extraordinaria e ata o día e hora das votacións.
Duración do cargo: Os seus cargos terán unha duración de tres anos, e poderán ser reelixidos. Os cargos serán desempeñados de forma gratuíta e os elixidos deberán carecer de interese económico na actividade da asociación.
Procedemento de elección (Artigo 13º.3)
O proceso de votación e escrutinio desenvólvese a través dos seguintes pasos establecidos nos estatutos:
a) presentación de candidaturas ata o momento da Asemblea na que se farán as votacións para a elección.
b) cada candidatura disporá dun máximo de 10 minutos para a súa presentación aos asociados, decidindo a orde de intervencións nun sorteo previo.
c) as votacións faranse polo procedemento de voto secreto en urna.
d) cada socio con dereito a voto, previa presentación da súa identificación, depositará o seu voto na urna elixindo unha das candidaturas.
e) o Secretario, en presencia dos candidatos e todos os socios que o desexen, fará o reconto de votos unha vez finalizada a votación. No caso de empate a votos, procederase a unha segunda rolda de votacións para decidir só entre as candidaturas empatadas con maior número de votos.
f) proclamarase vencedora a lista máis votada; e, por conseguinte, quedarán investidos todos os seus membros como nova Xunta Directiva.
Casos especiais (ausencia de candidaturas ou vacantes)
Falta de candidaturas: De non terse presentado ningunha candidatura ata o momento do comezo da sesión de votacións, a Asemblea Xeral poderá nomear un Presidente que quedará facultado para elixir o resto de cargos entre os socios.
Cobertura de vacantes interinas: As vacantes que se puideran producir durante o mandato serán cubertas provisionalmente por un dos vocais ata a celebración da seguinte Asemblea Xeral, onde se poderá incluír un novo membro (sempre que sexa ratificado pola Asemblea) polo tempo que reste de mandato.
Ningún comentario:
Publicar un comentario