Estamos a preparar o Maio con moita ilusión pero fai falta axuda de todos e todas, peques e maiores.
Hoxe martes de 16.00 a 20:00h podedes levar ao colexio o fiuncho que recollésedes: podedes deixalo no túnel de Infantil ou entregarllo na porta de Infantil á conserxe (Icíar). O fiuncho ten que quedar en auga para que se conserve (en cubos ou capachos).
Mañá, mércores pola tarde, e xoves pola mañá pedímosvos que a pesar da choiva recollades flor, que é imprescindible (pampullo amarelo e margarida branca silvestre principalmente, aínda que tamén calas/camelias/rosa silvestre). Podedes entregalo o xoves pola mañá antes das 14:00h no colexio ou o mércores entre 19.30-20.00 no local do ANPA.
O xoves ás 16:15h empezaremos a montar o Maio e a coroa. Esperamos que veñades toda a familia a pasar unha tarde estupenda con cheiro a fiuncho e flores. Acabaremos a xornada compartindo algo de picar.
O venres 1 de Maio, tedes unha cita na Ferrería. 10:15h diante do Froebel para transportar/acompañar o Maio e aos alumnos de 6° que interpretarán as coplas. Deben levar vaqueiros azuis longos.
Ás 11:00h, todos na praza da Ferrería para vender coplas. Ás 11.30 comeza o concurso.
Cando acabe a festa, necesitaremos voluntario/as para devolver o Maio ao cole (sobre as 13:30h).
Ningún comentario:
Publicar un comentario