mércores, 15 de abril de 2020

Todo vai sair ben


Nestes momentos tan tristes e complicados nos que nos atopamos, dende a Xunta Directiva da Anpa Pardo Bazán gustaríanos explicarvos como imos afrontar a situación en canto as actividades extraescolares:
  • As clases pendendes do mes de marzo intentaranse recuperar no mes de xuño. Por suposto a partir de abril non se vai emitir ningún recibo.
  • En canto a actividade de piscina estamos a esperar información posto que é un caso excepcional e teñen que estudar aínda como se pode solucionar.

Tamén gustaríanos comentar que tiñamos unhas cantas actividades organizadas para os meses de abril e maio, como un Obradoiro de bicicletas en familia, un Obradoiro de nutrición en familia, Obradoiro de Xabóns e de Jumping Clay, un Obradoiro de Bullying, unha ruta de sendeirismo, un obradoiro para o día das letras galegas, e outro para conmemorar o día da danza, máis unha charla sobre TDAH, loxicamente vémonos na obriga de cancelalo todo. Agardamos poder realizalo igual aínda que sexa no vindeiro curso.

Agardamos a vosa comprensión, e por suposto agardamos que todas e todos esteades ben.

Ningún comentario:

Publicar un comentario