Amosando publicacións coa etiqueta descontos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta descontos. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de outubro de 2019

Ludoteca de Igualdade

Agradanos poder dicirvos que esta ano a nosa ANPA foi beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que persegue promover a formación, sensibilizacion, información das familias e asociacions de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respetuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Grazas a todo isto o longo deste mes e de novembro temos unhas cantas sorpresas, pero polo de agora infomamosvos que o día 31 de outubro de 9.00 a 14.00 vaise realizar unha ludoteca de igualdade no centro, gratuita para os socios ata un límite de 70 prazas, iso sí por riguroso orden de inscrición. Tende en conta que o día 31 non e lectivo e non e festivo.
Agardamos que vos guste esta iniciativa.

Podedes obter a ficha de inscrición aquí.

martes, 12 de febreiro de 2019

TALLER DE JUMPING CLAY CHEGOU O ENTROIDO





Luns, 25 de febreiro de 17:30-18:30

Destinatarios todos os alumnos/as do CEIP Froebel.                                                         Mínimo 10 alumnos/as
Prezo:
Socios da ANPA. Pardo Bazán: 3,50 €
Non socios da Anpa. Pardo Bazán: 5,00€

Documentación que hai que entregar:   Ficha de inscrición totalmente cuberta

Prazos de inscrición:
Do 18 ao 20 de febreiro de 2019
As inscricións faranse no local da Anpa en horario de 9:05 a 9:30.
O mércores 20 tamén en horario de 17:30 a 18:00.
O pago será en efectivo.

Adxudicación de prazas:   Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición.


Ficha inscrición:

 

venres, 10 de novembro de 2017

Novo establecemento colaborador

Temos un novo establecemento colaborador que ofrece descontos do 5% aos socios da nosa ANPA. Trátase de Manualidades Arte, na rúa Joaquín Costa, 16.

Podedes ver e descargar a listaxe completa e actualizada de establecementos colaboradores no apartado "Faite socio / establecementos colaboradores" deste  blogue.

Aproveitamos para lembrarvos que para beneficiarse dos descontos que ofrecen todos estes establementos é preciso amosar o carné de socio da ANPA para o presente curso. Podédesvos facer socios en calquera momento. Para iso, hai que cubrir a ficha de datos e pagar a cota de 20€ (toda a información no apartado "Faite socio/establecementos colaboradores).

Tamén vos queremos lembrar que para que esta iniciativa teña éxito, contamos coa vosa colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse.