luns, 14 de outubro de 2019

Ludoteca de Igualdade

Agradanos poder dicirvos que esta ano a nosa ANPA foi beneficiaria do programa de subvencións convocadas pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, financiadas en desenrolo do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, que persegue promover a formación, sensibilizacion, información das familias e asociacions de nais e pais na perspectiva de xénero, concienciando ás fillas e fillos, aos estudantes e á comunidade educativa sobre os estereotipos de xénero existentes e facer visible as mulleres e as nenas promovendo relacións respetuosas e iguais que eviten a violencia de xénero.
Grazas a todo isto o longo deste mes e de novembro temos unhas cantas sorpresas, pero polo de agora infomamosvos que o día 31 de outubro de 9.00 a 14.00 vaise realizar unha ludoteca de igualdade no centro, gratuita para os socios ata un límite de 70 prazas, iso sí por riguroso orden de inscrición. Tende en conta que o día 31 non e lectivo e non e festivo.
Agardamos que vos guste esta iniciativa.

Podedes obter a ficha de inscrición aquí.

Ningún comentario:

Publicar un comentario