domingo, 13 de outubro de 2019

Recollida de artigos domésticos
Este ano dende a Anpa Pardo Bazán queremos conmemorar o Día Internacional para a Erradicación da Pobreza que é o 17 de outubro, e ensinarlles os nosos fillos e fillas que hai outra xente que non ten tanta sorte coma eles, polo que vos pedimos que fagades un pouco de limpeza na casa e levedes ao colexio todo aquilo que xa non usades para nada: roupa, libros, bolsos, cadros, cadeiras de bebés, calquera cousa que se vos ocorra.
 
Todo o entregado será doado á Asociación Boa Vida Inclusión Activa, asociación que loita contra a pobreza e a exclusión social e que traballa para diminuír as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo en equipo. Invitámosvos a coñecelos a través do seu blog http://boavidainclusionactiva.blogspot.com/ ou a visitar o seu facebook @asociacionboavidainclusionactiva.
 
A recollida será ata o 31 de outubro.
O que mais se precisa é calzado e roupa de home

Ningún comentario:

Publicar un comentario