venres, 16 de setembro de 2016

Presentación do novo curso e actividades extraescolares

A asociación de nais e pais de alumnos Pardo Bazán do CEIP Froebel davos a benvida ao novo curso escolar. Entre os nosos obxectivos están os seguintes:

  • Ser unha canle de comunicación entre a escola e as familias, resolvendo dúbidas, dando información do que acontece na escola, etc.
  • Organizar e financiar as actividades extraescolares que se desenvolven no centro.
  • A través da FANPA (Federación de asociacións de nais e pais de alumnos) organizar o servizo de comedor, controlar a calidade e atender todas as dúbidas dos usuarios.
  • Colaborar na realización e financiar as actividades organizadas polo colexio.
  • Organizar as festas de Nadal, Entroido e fin de curso.
  • Establecer contacto coas institucións para esixir o mantemento en bo estado do centro e a finalización das obras do patio e das aulas en mal estado.
  • Axudar aos alumnos e alumnas de 6º de primaria na recadación de fondos para a realización da viaxe de intercambio coa escola Cavour de Italia.

Animamos a todas as familias a facerse socias, cantos máis sexamos máis cousas conseguiremos. Se estades interesados en pertencer a ANPA cubride o FORMULARIO adxunto e facédenolo chegar. Entre o luns día 19 de setembro e o martes 27 de setembro estaremos no local da ANPA en horario de 9:05h a 9:45h. Despois desas datas estaremos no local todos os xoves lectivos, entre 9:00h e 9:30. 


Presentamos tamén o calendario de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2016-17. As actividades comezarán o día 3 de outubro e desenvolveranse nos días lectivos ata finais do mes de maio de 2017. Se estades interesados en que asistan os vosos fillos ou fillas cubride a FICHA ADXUNTA e presentádea no local da ANPA (entrada pola porta gris do comedor, rúa Alfonso XIII) dende o luns día 19 de setembro ata o martes 27 de setembro, en horario de 9:05h a 9:45h ou ben depositando a ficha na caixa de correo da ANPA situada fronte á porta da entrada de infantil.

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
JUMPING CLAY
INGLÉS
MULTIDEPORTE
INGLÉS
17:30-18:30h
EXPRESIÓN MUSICAL
(Psicomotricidade)
ROBÓTICA
(5º e 6º E.I.)

MÚSICA

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
HORA/DÍA
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
16:30-17:30h
TÉCNICAS DE ESTUDO / JUMPING CLAY
ROBÓTICA
EDUCACIÓN EMOCIONAL (2h)/
COCIÑA (1,5h)
FÚTBOL / BAILE E CANTO TRADICIONAL
17:30-18:30h
BALONCESTO
INGLÉS (1º e 2º E.P.)     / PATINAXE
BALONMÁN
INGLÉS (1º e 2º E.P.)  / PLÁSTICA

PREZOS:
Actividades de Multideporte, Patinaxe, Fútbol e Música, impartidas por Gaia: 13 € /mes
Actividade de Inglés, impartida por Lurdes Martíns (dúas horas á semana): 23 € / mes
Actividade de Expresión musical, Baile e canto tradicional e plástica, impartidas por Andrea Menéndez: 10 € / mes
Actividade de Robótica, impartida por Rockbotic: 20 € / mes
Actividade de Técnicas de estudo, impartida por Cegafor: 18 € / mes
Actividade de Jumping Clay: 16 € / mes
Actividade de Baloncesto, impartida polo Club Estudiantes Baloncesto: 8 € / mes
Actividade de Cociña, impartida por Gaia (1,5 horas): 15 € / mes
Actividade de Educación Emocional, impartida por Toño Escudero (2 horas): 18 € / mes
Actividade de Balonmán, impartida polo Club Balonmán Teucro: gratuita

Tedes máis información sobre as actividades na sección de actividades deste blog.

Todas as actividades teñen xa aplicado un desconto no seu prezo de 2€. Os non socios deberán pagar 3€ máis por cada actividade.


Na piscina de Campolongo impartiranse clases de natación dende o 3 de outubro ata o 31 de maio en días lectivos. O prezo da actividade é de 33,60€ por cuadrimestre (1º pagamento agora e 2º pagamento en febreiro). A actividade é para nenos e nenas a partir de 5º de infantil (4 anos).

Día da actividade: A elixir, ou luns, ou martes, ou mércores, ou xoves, ou venres
Horario: A elixir de 16.30 a 17.15h ou de 17.15h a 18.00h (clases de 45 minutos)

Data límite para inscribirse e realizar o pagamento: Martes 27 de setembro.

O pagamento e a inscrición realizaranse no local da ANPA dende o luns día 19 de setembro ata o martes día 27 de setembro de 09:05 a 09:45 horas.


Só se poderán inscribir nesta actividade os nenos e nenas socios da ANPA

Ningún comentario:

Publicar un comentario