Dende onte día 5 de setembro está aberto o prazo de inscrición en Deporte Escolas, programa gratuito da Deputación de Pontevedra destinado a nenos/as de 5 a 15 anos. Hai varias modalidades deportivas e podedes atopar máis información, así coma a ficha de inscrición na seguinte ligazón: http://www.depo.es/deporte-escolas
A FANPA tamén ofrece varias actividades, coma chinés mandarín, ábaco e creación tecnolóxica entre outras. A información sobre todas as actividades está recollida na seguinte web: http://www.nontedurmas.org/actividades/actividades-de-setembro-con-inscricion-aberta/
Por último, querémosvos lembrar os horarios de entrada no cole para o próximo luns día 12 de setembro:
4º, 5º e 6º de Primaria: ás 9:30 horas.
1º, 2º e 3º de primaria: ás 10:30 horas
4 e 5 anos infantil: ás 12:00 horas
O novo alumnado de 3 anos terá que acudir de xeito progresivo ao periodo de adaptación.
Ningún comentario:
Publicar un comentario