luns, 14 de marzo de 2016

Carné de socio

Estamos a preparar un carné de socios de ANPA que sirva para identificarnos como socios e que ademais teña algunhas vantaxes, como conseguir descontos nalgúns establecementos. É por iso que vos pedimos colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse. A nosa idea é facer unha listaxe dos locais que ofrecen descontos e telo constantemente actualizado no neste blogue.

O carné entregaráselles aos nenos e nenas nun sobre pechado este venres día 18 (a repartición farana os profesores). En caso de ter irmáns o sobre daráselle só a un deles.

Tamén irá no sobre unha ficha de datos que necesitamos que nos entreguedes cuberta e asinada para poder elaborar un ficheiro de socios actualizado, tal e como nos esixe a Lei de Protección de Datos. Na mesma ficha tamén pedimos autorización para a toma de imaxes nas actividades que organice a ANPA e a súa publicación no noso blogue.

Agradecémosvos que cubrades a ficha e a depositedes na caixa de correos da ANPA, situado na entrada de infantil, e tamén que nos enviedes ao noso correo electrónico os datos dos establecementos interesados en colaborar, para poder incorporalos á listaxe: anpa.froebel@gmail.com

1 comentario: