Pontenciencia é unha Feira de Ciencia para nenos que se vai
celebrar en Pontevedra os días 3 e 4 de xuño deste ano 2016.
Poden participar en Pontenciencia todos os nenos e nenas que estean
cursando estudos de Educación Primaria nos centros públicos da
cidade de Pontevedra.
Hai dúas maneiras de participar en Pontenciencia:
- no cole (Ciencia
no Cole) ou
- na casa coa familia (Ciencia en Familia).
Para participar en Pontenciencia coa familia (co pai, nai, avó,
avoa, etc.), cada rapaz deberá facer unha investigación na súa casa
sobre un tema elixido por el mesmo ou sobre algún dos propostos
polos comités científicos, e deberá presentalo en público ao xurado o
sábado 4 de xuño no segundo día de feira. A contía total de premios para as familias supera os 950€, repartidos
entre o 1º, 2º e 3º premio ademáis dos 4 accésits.
Se queredes participar coa vosa familia, poñédevos en contacto
coa organización a través do teléfono 606 128 293 ou ben a
través do enderezo electrónico educacion@pontevedra.eu para
obter toda a información que precisedes. O prazo de preinscrición
remata o próximo martes 15 de marzo.
Se queres saber máis,
visita a web:
http://www.pontenciencia.com/ciencia-en-familia
ou a páxina de Facebook de Pontenciencia:
https://www.facebook.com/Pontenciencia-597035373695764/
Ningún comentario:
Publicar un comentario