Benvidos ao novo curso escolar 2017-18.
A partir do próximo luns día 18 podedes facervos socios da ANPA, entregando a ficha cuberta e asinada; a cuota mantense en 20 euros por familia. Estaremos no local da ANPA (situado entrando pola porta gris do comedor, pola rúa Alfonso XIII) entre as 9:05h e as 9:45h, desde o luns 18 de setembro ata o luns 25 de setembro.
Este horario é tamén para entregar as fichas de inscrición ás actividades extraescolares e para anotarvos a piscina. Fóra deste prazo non podedes anotarvos nin a piscina nin a ningunha actividade extraescolar.
Se non podedes acudir ao local nese horario, podedes enviar as fichas de inscrición por correo electrónico ou deixalas na caixa de correo da ANPA (situada fronte á porta de infantil), xunto co xustificante de pago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario