sábado, 16 de decembro de 2017

Actividades de Nadal


En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa xenerosidade na campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas. Como é habitual e podedes ver na foto, conseguiuse unha boa cantidade de axuda. 


Aproveitamos tamén para informarvos de diversas actividades para os nenos/as, que estamos preparando, en colaboración co centro, para os días 20 e 21 de decembro:

- O mércores día 20 faremos unha pequena representación teatral, coa axuda dun grupo de nais lectoras. Ese mesmo día, e como en anos anteriores, o cole recibirá tamén a visita do Apalpador.

- O xoves día 21 recibiremos a visita dos Reis Magos. Os nenos/as entregaranlles unha carta "solidaria" na que pedirán desexos para os demais. A mellor carta de cada curso terá un premio, que se entregará despois do Nadal. 





Ningún comentario:

Publicar un comentario