A partir de hoxe e ata o 31 de xaneiro, pódense solicitar as prazas para o 2º Cuadrimestre da Actividade Extraescolar “PISCINA”, nas instalacións de Campolongo. Estas prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, e non se gardan as prazas do 1º cuadrimestre, polo que vos recomendamos que nos enviedes canto antes os datos necesarios para facela:
- NOME E APELIDOS DO/A NENO/A
- TELÉFONO DE CONTACTO
- IDADE E CURSO
- HORARIO (DÍA E HORA) SOLICITADA
As clases do segundo cuadrimestre comezarán o xoves 1 de febreiro e rematarán o venres 31 de maio de 2018. Segue o calendario escolar, é dicir: hai actividade extraescolar de piscina cando é día lectivo.
HORARIOS
• As actividades terán unha frecuencia de 1 clase/semana e unha duración de 45 min por clase.
• As opcións de horario da actividade serán de 16:30 a 17:15 ou de 17:15 a 18:00 de luns a venres, pero sempre dependendo dos niveis ofertados en cada franxa horaria.
PREZO
O prezo da actividade por neno deste segundo cuadrimestre será de 33,60 €.
FORMA DE PAGO
Como novidade, este cuadrimestre o pago realizarase mediante ingreso ou transferencia bancaria, que deberán facer as familias nos 5 días seguintes á realización da reserva no seguinte número de conta: 2085 8377 15 0330110740 (Titular da conta: ANPA PARDO BAZÁN), indicando no concepto nome do/a neno/a.
IDADE MÍNIMA DOS RAPACES
• Os nenos que desexen asistir ó curso de “Natación Extraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (4 anos).
DURANTE A ACTIVIDADE
• Non se pode permanecer nos vestiarios esperando mentres os nenos están na clase.
• Lembrámosvos que para poder participar nas clases, todos os rapaces han de levar de xeito OBRIGATORIO un gorro, bañador e chanclas.
• É moi recomendable que acudan con gafas de natación axeitadas para a súa idade.
• Na instalación non se dispón de material para préstamo, pero si dunha tenda para mercar material de piscina e sala.
NORMATIVA DO CENTRO CAMPOLONGO RESPECTO AOS VESTIARIOS
Hai dous vestiarios destinados ó uso dos colexios.
Vestiario nº 1: infantil masculino - cartel amarelo.
• Este vestiario poden usalo os nenos de todas as idades e nenas menores de 6 anos.
• Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, as nais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas masculinas.
• Os pais que queiran axudar a bañar aos nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
• Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está ao fondo á esquerda do vestiario, a carón dos espellos.
Este armario péchase con cadeado aos 10 minutos aproximadamente de que comece a clase e vólvese abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Vestiario nº 4: infantil feminino - cartel negro.
• Este vestiario poden usalo as nenas de todas as idades e nenos menores de 6 anos.
• Poden entrar tanto os pais coma as nais no vestiario, pero só pode ser un adulto por neno, e só no caso de que precise axuda para cambiarse.
Sen embargo, os pais non poden acceder nin asomarse á porta das duchas, xa que son duchas femininas.
• As nais que queiran axudar a bañar aos nenos, deben facelo con chanclas, e nunca acceder á zona de duchas con calzado da rúa.
• Se queren deixar as mochilas no vestiario, deberán colocarse ou ben colgadas nas perchas ou dentro do armario común de dúas portas que está entrando á dereita, a carón da porta.
Este armario péchase con cadeado aos 10 minutos aproximadamente de que comece a clase e vólvese abrir a falta de 5 minutos para que remate a clase.
• Non se pode facer uso das taquillas deste vestiario.
Ningún comentario:
Publicar un comentario