CONVOCATORIA
ASEMBLEA ORDINARIA ANPA
Convocamos
a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a
unha asemblea ordinaria, que se celebrará o mércores día
22 de novembro de 2017, ás
18:30h en primeira convocatoria e ás 19:00h
en segunda convocatoria, coa
seguinte orde do día:
- Lectura e aprobación da acta anterior.
- Aprobación de contas curso 2016-17.
- Presentación de memoria de actividades curso 2016-17.
- Rolda de intervencións.
CONVOCATORIA
ASEMBLEA EXTRAORDINARIA ANPA
Convocamos
a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a
unha asemblea extraordinaria, que se celebrará o mércores
día 22 de novembro de 2017,
ás 19.00h en primeira convocatoria e ás 19:30h
en segunda convocatoria, coa
seguinte orde do día:
- Eleccións da xunta directiva.
Haberá
servizo de gardería de 19:00h
a 20:00h para todos os que o
precisedes.
As candidaturas á xunta
directiva presentaranse por escrito dirixido ao secretario da
asociación dende a data da convocatoria da asemblea extraordinaria e
ata o día e hora das votacións.
O procedemento de
elección será o seguinte:
a) Presentación de
candidaturas ata o momento da asemblea na que se farán as votacións
para a elección.
b) Cada candidatura
disporá dun máximo de 10 minutos para a súa presentación aos
asociados, decidindo a orde de intervencións nun sorteo previo.
c) As votacións faranse
polo procedemento de voto secreto en urna.
d) Cada socio con dereito
a voto, previa presentación da súa identificación, depositará o
seu voto na urna elixindo unha das candidaturas.
e) O secretario, en
presencia dos candidatos e todos os socios que o desexen, fará o
reconto de votos unha vez finalizada a votación. No caso de empate a
votos, procederase a unha segunda rolda de votacións para decidir só
entre as candidaturas empatadas con maior número de votos.
f) Proclamarase vencedora
a lista máis votada; e, por conseguinte, quedarán investidos todos
os seus membros como nova xunta directiva.
g) De non terse
presentado ningunha candidatura ata o momento do comezo da sesión de
votacións, a asemblea xeral poderá nomear un presidente que quedará
facultado para elixir o resto de cargos entre os socios.
O censo será pechado coa
data da convocatoria, 25 de outubro do 2017.
(Podedes consultar o texto completo dos novos estatutos AQUÍ).
(Podedes consultar o texto completo dos novos estatutos AQUÍ).
Ningún comentario:
Publicar un comentario