sábado, 16 de decembro de 2017
Actividades de Nadal
En primeiro lugar, queremos agradecer a vosa xenerosidade na campaña de recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas. Como é habitual e podedes ver na foto, conseguiuse unha boa cantidade de axuda.
Aproveitamos tamén para informarvos de diversas actividades para os nenos/as, que estamos preparando, en colaboración co centro, para os días 20 e 21 de decembro:
- O mércores día 20 faremos unha pequena representación teatral, coa axuda dun grupo de nais lectoras. Ese mesmo día, e como en anos anteriores, o cole recibirá tamén a visita do Apalpador.
- O xoves día 21 recibiremos a visita dos Reis Magos. Os nenos/as entregaranlles unha carta "solidaria" na que pedirán desexos para os demais. A mellor carta de cada curso terá un premio, que se entregará despois do Nadal.
martes, 12 de decembro de 2017
Recollida de alimentos
Un ano máis a nosa comunidade escolar vai participar na campaña de recollida de alimentos organizada por CÁRITAS, co obxectivo de repartilos entre a xente máis necesitada.
A recollida farase os días mércores 13, xoves 14 e venres 15 de decembro, nas entradas ao colexio. Eses días, os nenos e nenas poden traer á escola ALIMENTOS NON PERECEDEIROS coma aceite, conservas, legumes, pasta ou azucre e tamén DOCES DE NADAL como turrón ou polvoróns.
Moitas grazas pola vosa colaboración.

Festa de Nadal
Co
obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola
Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º van
organizar unha festa de Nadal, xunto coa ANPA e as súas familias. A
festa vaise celebrar no cole o venres día 15 de decembro de 17:00h a 20:00h.
Se
realizas un donativo
de 2 €
terás chuches, ademais de rifas para un sorteo e diversión
garantida.
Os
nenos que acudan sós á festa non poderán abandonala sen
autorización por escrito e firmada dos seus pais ou titores.
xoves, 30 de novembro de 2017
Ludotecas e obradoiros de Nadal
As Ludotecas de Nadal organizadas por FANPA terán lugar do 22 de decembro ao 5 de xaneiro. O prazo de inscrición comeza o 11 de decembro e remata o 14. A inscrición poderá realizarse en liña desde nontedurmas.org ou presencialmente na sede social da FANPA (rúa Xan Guillerme, 9).
Podedes atopar toda a información e descargar a ficha de inscrición no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/inscricion-no-ludonadal-2017/
Ademais das ludotecas, a FANPA organiza tamén nas mesmas datas uns obradoiros de Jumping Clay e Cociña (este, para nenos/as de idades entre 6 e 14 anos).
Estes obradoiros son independentes (pódese escoller que días se quere asistir e págase por día). Para inscribirse débese cubrir e entregar persoalmente a ficha na sede da FANPA (rúa Xan Guillerme, 9) , onde se fará o pagamento en efectivo.
A información completa e máis a ficha de inscrición están dispoñibles neste outro enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/ficha-de-inscricion-nos-obradoiros-fanpa-nadal-2017-2018/

mércores, 22 de novembro de 2017
Presentación da nova xunta directiva
Hoxe, mércores 22 de novembro de 2017 celebrouse unha asemblea extraordinaria de socios da ANPA para renovar a xunta directiva.
Cremos firmemente na posibilidade de que na nosa ANPA se poidan defender distintas propostas e chegar a acordos a través do diálogo, porque a mellor educación para os nosos fillos/as é o exemplo que lles damos no día a día. Para iso, comprometémonos a poñer toda a ilusión, esforzo e dedicación e tratar de detectar, corrixir e mellorar os problemas que poidan xurdir e estean dentro do noso ámbito de actuación.
Presentouse unha única candidatura composta polas seguintes persoas:
- Presidenta: Noela Quintana Martínez
- Vicepresidenta: Xandra Revenga López
- Secretaria: Carolina Arán Bernal
- Tesoureiro: Javier González Paz
- 1º Vogal: Daniel Boullosa Cortegoso
- 2ª Vogal: María Curra Gamallo
- 3ª Vogal: María Seco Piñeiro
Presentámonos:
Somos un grupo de pais e
nais, dos cales algúns de nós xa pertencemos á xunta directiva da
ANPA, e todos somos socios desta.
Cremos nunha escola
pública e de calidade, de todos e para todos. Estamos convencidos
tamén de que a ANPA xoga un importante papel na defensa desta
educación.
O próposito deste
proxecto é promover a identidade da ANPA como membro activo dentro
da comunidade educativa, creando unha asociación aberta e
dialogante, capaz de dar respostas e solucións a aquelas
necesidades, carencias e melloras que poidamos ofrecerlle ao noso
centro, e polo tanto, aos nosos nenos/as.
Propoñémonos uns
obxectivos principais:
- Establecer unha comunicación aberta e fluida cos distintos colectivos da comunidade educativa (familias, profesorado e alumnado) e os órganos de goberno que os representan (equipo directivo, Consello Escolar e Claustro de profesores/as).
- Colaborar de maneira activa, eficaz e eficiente nas actividades educativas do centro e as súas necesidades dentro do marco do Proxecto Educativo.
- Manter vivos os distintos mecanismos de participación e comunicación existentes e crear novos cando xurda a necesidade, co obxecto de facilitar a transparencia e a difusión das opinións dos socios, de xeito seguro e fiable.
- Continuar coa xestión e supervisión das actividades extraescolares e doutras complementarias que poidan xurdir.
- Buscar financiación para dar resposta ás necesidades que ten o noso centro a través de iniciativas propias organizadas pola ANPA, así como solicitar cantas axudas e subvencións poidamos pedir das Administracións Públicas competentes ou iniciativas privadas.
- Asistir aos pais/nais/titores legais do alumnado en todas aquelas problemáticas ou iniciativas que se presenten, así como dar orientación en situacións puntuais de incertidume como son os inicios de curso, a incorporación de novas familias ao centro, etc.
Cremos firmemente na posibilidade de que na nosa ANPA se poidan defender distintas propostas e chegar a acordos a través do diálogo, porque a mellor educación para os nosos fillos/as é o exemplo que lles damos no día a día. Para iso, comprometémonos a poñer toda a ilusión, esforzo e dedicación e tratar de detectar, corrixir e mellorar os problemas que poidan xurdir e estean dentro do noso ámbito de actuación.
Por todo o anterior,
animámosvos a participar en cantos debates se formulen, a asistir e
opinar nas asembleas e, no caso de que o consideredes oportuno, a
apoiar a nosa candidatura.
mércores, 15 de novembro de 2017
Guía sobre o acoso escolar
Dende a Delegación de Participación Ciudadana da Comisaría Provincial de Pontevedra envíannos, para a súa difusión, unha guía para detectar e actuar fronte ao acoso escolar. Nela podedes atopar información sobre:
- a idade adecuada para ter un móbil con conexión a internet.
- como saber se o noso fillo está sendo acosado.
- como actuar nestes casos.
- como previr o acoso.
- cando debemos acudir ás Forzas e Corpos de Seguridade.
- que podemos facer para previr o acoso.
- como actuar co acosador.
- as consecuencias legais do acoso.
Podedes consultar o manual AQUÍ.
Aproveitamos para comunicarvos a semana pasada fixéronse saídas e por despiste non se aplicou o desconto do 20% ás familias socias. Para non andar enviando cartos a través dos nenos e nenas o que faremos será descontar o que correspondía destas saídas nas próximas saídas que fagan. Desculpade as molestias.
Tamén vos lembramos que o próximo día 22 haberá asemblea de ANPA con renovación de xunta directiva. Animarvos a presentar a vosa candidatura e a participar no proceso electoral!
venres, 10 de novembro de 2017
Novo establecemento colaborador
Temos un novo establecemento colaborador que ofrece descontos do 5% aos socios da nosa ANPA. Trátase de Manualidades Arte, na rúa Joaquín Costa, 16.
Podedes ver e descargar a listaxe completa e actualizada de establecementos colaboradores no apartado "Faite socio / establecementos colaboradores" deste blogue.
Aproveitamos para lembrarvos que para beneficiarse dos descontos que ofrecen todos estes establementos é preciso amosar o carné de socio da ANPA para o presente curso. Podédesvos facer socios en calquera momento. Para iso, hai que cubrir a ficha de datos e pagar a cota de 20€ (toda a información no apartado "Faite socio/establecementos colaboradores).
Tamén vos queremos lembrar que para que esta iniciativa teña éxito, contamos coa vosa colaboración, tanto se realizades algunha actividade comercial, e vos interesa ofrecer descontos ao colectivo de familias socias da ANPA, como se coñecedes establecementos interesados en adherirse.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)