sábado, 29 de xuño de 2019

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 
CURSO 2019- 20

Estas son as actividades extraescolares que están en marcha, por se queredes anotar ás vosas fillas ou fillos.

Actividade
Dia
Horario
Destinatarios
Prezo socios
Prezos non socios
Multideporte
Luns
16:30 a 17:30
Infantil
12€
13€
Inglés lúdico
Luns
17:30 a 18:30
Infantil
12€
13€
Inglés Trinity
Luns
16:30 a 17:30
Primaria
12€
13€
Cociña
Luns
17:00 a 18:30
Primaria
18€
19€
Ballet
Martes
16:30 a 17:30
Infantil, 1º y 2º de primaria
12€
13€
Patinaxe
Martes
17:30 a 18:30
Infantil e primaria
12€
13€
Informática
Martes
16:30 a 17:30
Primaria
12€
13€
Musicoterapia
Mércores
16:30 a 17:30
Infantil
15€
16€
Badminton
Mércores
16:30 a 17:30
Primaria
12€
13€
Balonmano
Mércores
17:30 a 18:30
Primaria
Gratuito
Pintura
Mércores
17:30 a 18:30
Infantil e primaria
15€
16€
Baile moderno
Xoves
16:30 a 17:30
Infantil, 1º y 2º de primaria
12€
13€
Robótica
Xoves
16:30 a 18:00
Primaria
25€
26€


Información:
Educaocio é a empresa encargada das actividades a excepción de Bádminton que é do Club Rovacho e Balonmán que o xestiona a Deputación e o imparte Teucro
Mínimo 8 alumnos por grupo.
As actividades de cociña, pintura e róbotica inclúen o material.
** As inscricións de balonmán deben facerse a través das depoescolas
Para a extraescolar de piscina estamos á espera da apertura do centro de Campolongo.

INSCRICIÓNS:
A data do inscripción é ata o 20 de setembro tanto na Caixa de correos que hain a entrada de infantil como no mail anpa.froebel@gmail.com
              

martes, 18 de xuño de 2019

Ola mamás e papás,

Como sabedes, cada ano, a Anpa “Pardo Bazán” organiza a festa de fin de curso. Este ano celebrarase no cole o día 20 de xuño de 17:00 a 20:00.

A Festa de Fin de Curso é unha ocasión moi especial para os nenos e nenas, e que agardan con ilusión. Pero tamén é unha boa ocasión para nais e pais de coñecer, nun ambiente distendido e informal, a outros pais e nais.

Este ano temos:
      • Pinta caras
      • Globoflexia
      • PhotoCall
      • Xogos
      • Diversión
      • E moitos agasallos para sorteos grazas aos nosos colaboradores

Non o penses! E ven a pasar un rato divertido cos teus fill@s.
Se queres participar envíanos un mail anpa.froebel@gmail.com



xoves, 13 de xuño de 2019

Ola mamás e papás,
Como sabedes, cada ano, a Anpa “Pardo Bazán” organiza a festa de fin de curso.
Este ano celebrarase no cole o día 20 de xuño de 17:00 a 20:00.
A Festa de Fin de Curso é unha ocasión moi especial para os nenos e nenas, e que agardan con ilusión. Pero tamén é unha boa ocasión para nais e pais de coñecer, nun ambiente distendido e informal, a outros pais e nais.
Por todo iso, pedimos a vosa axuda e colaboración para dito día, levando a cabo tarefas como:
- Pinta caras
- Globoflexia
- Monitores para realización de xogos
- Ou o que se vos ocorra.
Non o penses! E ven a pasar un rato divertido cos teus fill@s.
Se queres participar envíanos un mail anpa.froebel@gmail.com

VINDE A PASALO BEN.

venres, 22 de febreiro de 2019

BAILE DE ENTROIDO DO FROEBEL

Xa está aquí o Entroido e por suposto temos festa no CEIP Froebel, o Venres, 1 de marzo, de 17.00 a 20.00.

Haberá premio ao mellor disfraz, sorteo de regalos, música e moitas sorpresas.

Ven e trae os teus amigos.




martes, 12 de febreiro de 2019

TALLER DE JUMPING CLAY CHEGOU O ENTROIDO





Luns, 25 de febreiro de 17:30-18:30

Destinatarios todos os alumnos/as do CEIP Froebel.                                                         Mínimo 10 alumnos/as
Prezo:
Socios da ANPA. Pardo Bazán: 3,50 €
Non socios da Anpa. Pardo Bazán: 5,00€

Documentación que hai que entregar:   Ficha de inscrición totalmente cuberta

Prazos de inscrición:
Do 18 ao 20 de febreiro de 2019
As inscricións faranse no local da Anpa en horario de 9:05 a 9:30.
O mércores 20 tamén en horario de 17:30 a 18:00.
O pago será en efectivo.

Adxudicación de prazas:   Como as prazas son limitadas, a adxudicación será por orde de inscrición.


Ficha inscrición:

 

martes, 29 de xaneiro de 2019

CHARLA TALLER XESTIÓN DE EMOCIÓNS EN FAMILIA

NOTA: Informamos de un cambio no horario da charla será ás 19:30 debido a un imprevisto.


Nova charla, esta vez sobre a xestión das emocións en familia.


A familia é o noso refuxio, onde sentimos o amor, o apoio e a seguridade necesarias para o bo desenvolvemento de todas as facetas da nosa vida, persoal, social, educativa e profesional. Como nais e como pais, preguntámonos que é o que estamos facendo mal ou que é o que non estamos facendo. Gustaríate coñecer que cousas te poden axudar a atopar as respostas a estas ou outras preguntas e conseguir así que a vosa familia sexa un gran refuxio?  Pois se a resposta é que si, xa sabedes enviade un mail a anpa.froebel@gmail.com cos vosos datos para anotarvos.




luns, 28 de xaneiro de 2019

PONTECIENCIA 2019

Xa se está iniciando Ponteciencia 2019 así que se queredes participar achegámosvos a informacións sobre os obradoiros informativos para as familias dos alumnos e alumnas de primaria que se van celebrar.
Pódense elixir entre unha de estas datas:
Sábado 2 de febreiro as 10:30
Venres 8 de febreiro as 19:00
ou Mércores 20 de febreiro as 17:30
no espazo Arroelo r/ Michelena 11, 3º Concello de Pontevedra
Podedes inscribirvos neste correo, en educacion@pontevedra.eu ou por teléfono 606128293.
No caso de que non podades asistir pero esteades interesados avisádeos e intentaran a mellor solución posible.






             Animádevos a participar.