xoves, 13 de xuño de 2019

Ola mamás e papás,
Como sabedes, cada ano, a Anpa “Pardo Bazán” organiza a festa de fin de curso.
Este ano celebrarase no cole o día 20 de xuño de 17:00 a 20:00.
A Festa de Fin de Curso é unha ocasión moi especial para os nenos e nenas, e que agardan con ilusión. Pero tamén é unha boa ocasión para nais e pais de coñecer, nun ambiente distendido e informal, a outros pais e nais.
Por todo iso, pedimos a vosa axuda e colaboración para dito día, levando a cabo tarefas como:
- Pinta caras
- Globoflexia
- Monitores para realización de xogos
- Ou o que se vos ocorra.
Non o penses! E ven a pasar un rato divertido cos teus fill@s.
Se queres participar envíanos un mail anpa.froebel@gmail.com

VINDE A PASALO BEN.

Ningún comentario:

Publicar un comentario