domingo, 13 de setembro de 2026

Benvidas, familias!

Un ano máis, dende a Anpa Pardo Bazán do CEIP Froebel, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar, especialmente a todas aquelas familias que vos incorporades ao noso centro por primeira vez; aquí estamos para axudarvos en todo o que poidamos.


Remitimos a información necesaria para que vos fagades socios da ANPA, porque cantos máis somos, máis cousas podemos conseguir. E por suposto, se alguén está interesado en traballar de forma activa coa ANPA, non dubidedes en poñervos en contacto con nos.


Facemos moitas cousas; vos deixamos un breve resumo:

● Colaboramos co equipo educativo.

● Xestionamos as actividades extraescolares.

● Controlamos que o Plan Madruga e o comedor funcionen axeitadamene.

● Atendemos a consultas, queixas ou suxerencias das familias a través do mail:

anpa.froebel@gmail.com

● Proporcionamos información as familias a través do noso blog, redes sociais e taboeiro.

● Xestionamos as axendas escolares.

● Organizamos charlas e obradoiros tanto para os rapaces como para as familias.


Para facervos socios podedes cubrir o formulario de inscripción de forma online ou en papel:

ONLINE: Entra no blog da ANPA https://anpafroebel.blogspot.com/, no apartado “Faite socio” encontrarás o enlace do formulario, no que poderás tamén adxuntar o xustificante de pago.

PAPEL: Podes cubrir o formulario de inscrición que enviamos e xunto co xustificante de pago da transferencia bancaria, deixalo na caixa de correo da ANPA (fronte a porta de infantil) ou remitirlo por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com.


Lembramos que, tal como foi acordado na anterior asamblea da ANPA, a cota anual por familia pasa a ser de 25€.


Estaremos no local da ANPA do luns 14 o venres 18 de setembro en horario de 09:00h a 09:30h da mañá, e o martes 15 e o xoves 17 de 17:30h a 18.00h. Se precisas pasar en outro horario, contacta con nós.


As axendas de Primaria seguirán sendo gratuítas para os socios da ANPA, e para os non socios terán un custo de 5€. Ademais, os socios de infantil non teñen que traer o paquete de folios de material que lle solicite o centro, xa que a ANPA xa o entrega nas aulas.


domingo, 23 de agosto de 2026

Extraescolares 2026-27

 



O prezo para os NON SOCIOS DO ANPA verase incrementado en 5€ en todas as actividades.

Para calquera dúbida ou suxerencia anpa.froebel@gmail.com.


Podedes descargar aquí a ficha de inscrición. Unha vez cuberta, podédela enviar por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou ben entregala na caixa de correo da ANPA, que está situada diante da porta de infantil. Agradecemos que a entreguedes canto antes para poder organizar mellor os grupos.

martes, 16 de xuño de 2026

Propostas para a portada da nosa axenda 2026-27 2026-27

Estas son as propostas do noso alumnado para a portada da axenda do curso 2026-27.

Cal será a gañadora?

1. 

 
2.
 

3. 
 

 4.
  

5. 
 
6.

7. 
  

8.
 


9.


  10.
 


11. 
 

12.
 

13. 




¿Cuál es vuestra favorita??   Os dejamos votar pero no se tendrá en cuenta para la elección.

















domingo, 14 de xuño de 2026

☀️Festa Fin de curso ☀️

 ☀️Chegou o momento de festexar todo o compartido, traballado e aprendido durante este curso! Toca disfrutar!!🍦

¡¡Imos coa derradeira Festa!!!




luns, 25 de maio de 2026

🎨 Participa no Concurso da Axenda Escolar 2026-27!

Dende a ANPA queremos animar a todos os nenos e nenas de Primaria a participar no novo Concurso da Axenda Escolar 2026-27. 🖍️📚

É unha oportunidade fantástica para deixar voar a imaxinación e converter o seu debuxo na portada da axenda do próximo curso.

✨ Queremos ver toda a vosa creatividade, ideas e ilusión!

Poden participar todos os cursos de Primaria e haberá agasallos para os mellores traballos.

Animádevos a participar e… moita sorte artistas! 🎨💫



BASES:

Dirixido a todos os cursos de Primaria

Temática: IGUALDADE E LOITA FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Tamaño do debuxo A4 Vertical.

Deberá incluir as palabras “Axenda 2026-2027 “ , “Polo camino da igualdade” e "CEIP Froebel"

Prazos de presentación: do 1 o 14 de xuño ao mail do anpa co nome e curso do neno.

O xurado esta vez seran a Asociación Boa Vida y Arela.

Haberá agasallos para os mellores debuxos que se entregaran no festival do cole o día 19
de xuño.

Asemblea Xeral Extraordinaria

Convocamos unha asemblea xeral extraordinaria para o próximo mércores 10 de xuño, ás 18:00 h (primeira convocatoria) e ás 18:15 h (segunda convocatoria), no colexio, coa seguinte orde do día:

  1. Actualización das obras de acondicionamento para illar acústicamente o comedor.
  2. Votación para a renovación da Xunta Directiva.
  3. Outros asuntos.

Habrá servizo de gardaría de 18:00 a 20:00 para quen o precise.

As candidaturas para a elección da nova Xunta Directiva deberán enviarse a este correo electrónico (anpa.froebel@gmail.com) antes do 10 de xuño (pola mañá).

Envíamovos os estatutos da asociación por se desexades revisalos. Aquí tedes as instrucións establecidas para a elección da nova XD:


As normas para a elección da Xunta Directiva están reguladas específicamente no Artigo 13º (apartados 3 e 4).


Requisitos xerais e presentación de candidaturas

  • Candidaturas pechadas: A elección da Xunta Directiva farase pola Asemblea Xeral entre as candidaturas pechadas que cumpran os requisitos esixibles en tempo e forma.

  • Prazo de presentación: As candidaturas á Xunta Directiva presentaranse por escrito dirixido ao Secretario da Asociación dende a data da convocatoria da Asemblea Extraordinaria e ata o día e hora das votacións.

  • Duración do cargo: Os seus cargos terán unha duración de tres anos, e poderán ser reelixidos. Os cargos serán desempeñados de forma gratuíta e os elixidos deberán carecer de interese económico na actividade da asociación.


Procedemento de elección (Artigo 13º.3)

O proceso de votación e escrutinio desenvólvese a través dos seguintes pasos establecidos nos estatutos:

a) presentación de candidaturas ata o momento da Asemblea na que se farán as votacións para a elección.

b) cada candidatura disporá dun máximo de 10 minutos para a súa presentación aos asociados, decidindo a orde de intervencións nun sorteo previo.

c) as votacións faranse polo procedemento de voto secreto en urna.

d) cada socio con dereito a voto, previa presentación da súa identificación, depositará o seu voto na urna elixindo unha das candidaturas.

e) o Secretario, en presencia dos candidatos e todos os socios que o desexen, fará o reconto de votos unha vez finalizada a votación. No caso de empate a votos, procederase a unha segunda rolda de votacións para decidir só entre as candidaturas empatadas con maior número de votos.

f) proclamarase vencedora a lista máis votada; e, por conseguinte, quedarán investidos todos os seus membros como nova Xunta Directiva.


Casos especiais (ausencia de candidaturas ou vacantes)

  • Falta de candidaturas: De non terse presentado ningunha candidatura ata o momento do comezo da sesión de votacións, a Asemblea Xeral poderá nomear un Presidente que quedará facultado para elixir o resto de cargos entre os socios.

  • Cobertura de vacantes interinas: As vacantes que se puideran producir durante o mandato serán cubertas provisionalmente por un dos vocais ata a celebración da seguinte Asemblea Xeral, onde se poderá incluír un novo membro (sempre que sexa ratificado pola Asemblea) polo tempo que reste de mandato.


Composición mínima:
En calquera caso, a Xunta Directiva debe estar integrada como mínimo por 3 persoas, que exercerán as funcións de Presidente, Secretario e Tesoureiro.

martes, 28 de abril de 2026

❀❁✿✾ Maios 2026 ❀❁✿✾



Estamos a preparar o Maio con moita ilusión pero fai falta axuda de todos e todas, peques e maiores.

Hoxe martes de 16.00 a 20:00h podedes levar ao colexio o fiuncho que recollésedes: podedes deixalo no túnel de Infantil ou entregarllo na porta de Infantil á conserxe (Icíar). O fiuncho ten que quedar en auga para que se conserve (en cubos ou capachos).

Mañá, mércores pola tarde, e xoves pola mañá pedímosvos que a pesar da choiva recollades flor, que é imprescindible (pampullo amarelo e margarida branca silvestre principalmente, aínda que tamén calas/camelias/rosa silvestre). Podedes entregalo o xoves pola mañá antes das 14:00h no colexio ou o mércores entre 19.30-20.00  no local do ANPA.

O xoves ás 16:15h empezaremos a montar o Maio e a coroa. Esperamos que veñades toda a familia a pasar unha tarde estupenda con cheiro a fiuncho e flores. Acabaremos a xornada compartindo algo de picar.

O venres 1 de Maio, tedes unha cita na Ferrería. 10:15h diante do Froebel para transportar/acompañar o Maio e aos alumnos de 6° que interpretarán as coplas. Deben levar vaqueiros azuis longos.

Ás 11:00h, todos na praza da Ferrería para vender coplas. Ás 11.30 comeza o concurso. 

Cando acabe a festa, necesitaremos voluntario/as para devolver o Maio ao cole (sobre as 13:30h).

domingo, 1 de marzo de 2026

VI Troca de libros usados



   

O vindeiro domingo 15 de marzo de 2026 vaise celebrar a Feira de Libros Usados, no Pazo da Cultura de Pontevedra, entre as 11:00 e 14:00 horas. Estará integrada nas actividades do XXVII Salón internacional do libro infantil e xuvenil de Pontevedra que se desenrrolará co tema QUE NON PARE A MÚSICA!. O país invitado a esta edición é Palestina.

 

O obxetivo desta é proporcionar aos membros da comunidade educativa - alumando,profesorado, familias, persoal docente - aoprtunidade de intercambiar aqueles libros que, por distintos motivos, xa non son utilizados polos seus donos.  Todas as persoas que queiran participar deberan entregar no ANPA os libros que desexe nas datas que se detallan a continuación, e por cada libro entregado, recibirase un vale que será trocado por outro libro o día da fería.

 

Podense aportar libros de literatura infantil e xuvenil. A única condición es que estean no mellor estado

posible para que quen o reciba poida aproveitalo

 

Os libros entregásense no local do Anpa desde o día 3 de Marzo ao 13 de Marzo incluído no seguinte

horario:

  • Luns de 16:30 a 18:00h.
  • Martes de 9 a 9:15h.
  • Miercoles de 9 a 9:15h e 17:30 a 18:00h
  • Xoves de 9 a 9:15h e 18:00 a 18:30h
  • Venres de 9 a 9:15h.

Se non pode neste horario pode poñerse en contacto connosco a traves do mail  anpa.froebel@gmail.com

 

Agardamos que sexa do voso interés!!.

luns, 15 de decembro de 2025

🎄🎄🎄 Recollida de alimentos solidaria 🎄🎄🎄

 



Festa de Nadal!!

 

Xa temos data para a festa de nadal!! Será o día 19 de Decembro de 17h a 20h. Teremos merenda, agasallos e teremos a visita de Papa Noel!! Reservade a data. Axudaremos aos nosos alumnos de 6º coa recadación do donativo para a excursión a Catania.



martes, 25 de novembro de 2025

🧸🧸 Recollida de xoguetes solidaria🎄🎄🎄

Como en outras ocasións, este ano tamén colaboraremos coa Asociación Boa Vida na Recollida de xoguetes en bo estado para o Nadal. Estamos seguros que coa solidariedade que ven demostrando a comunidade do CEIP FROEBEL durante todos estes anos vamos a axudar a conseguir que o logren. 

Se queredes colaborar, podedes deixar os xoguetes no Centro polas mañáns ata o día 19 de decembro e se non pode ser durante a mañá poden poñerse en contacto a través do mail do ANPA e buscaremos unha oco durante unha tarde.

Para calquera dúbida: anpa.froebel@gmail.com



luns, 6 de outubro de 2025

Campamento Digit@l

Dende a ANPA e dentro do programa CODI (Programa de Competencias Digitales para la Infancia) do Ministerio de Xuventude e Infancia, estamos organizando un Campamento DIXITAL.

Va dirixido a nenos e nenas a partir dos 9 anos, que se realizará os días 3 e 4 de novembro, en horario de 09:00 a 14:00.

No caso de que o día 4 de novembro sexa finalmente lectivo, o campamento terá lugar os días 31 de outubro e 3 de novembro O Curso é DE BALDE. 

NO es necesario que os nenos leven PC ou Tablet propia

É moi importante que os nenos que se anoten se comprometan a ir. 

Se non se chegan ás 15 inscripción a non se realizará o curso.

La inscripción será en el mail del anpa por riguroso orden de llegada.

Os interesados poderanse anotar ata o día 19 de Octubro a través do mail do propio ANPA. 

Lembrade que aquelas persoas que xa o teñan realizado anteriormente non poderán anotarse.




Xornada de Portas Abertas

 


domingo, 28 de setembro de 2025

Extraescolares definitivas 2025-2026

 Ola,


✨Así quedan as actividades extraescolares no cole para este curso que darán comezo o día 1 de Outubro… unha chea de opcións para divertirse, aprender e pasalo en grande! 📚🎨⚽🎶

Baile Gallego sae adiante 🙌, aínda que necesitamos que se apunten unhas familias máis nestas semanas. Aproveitade nosa xornada de portas abertas e animádevos a probar… vai encantar! 🌟






mércores, 3 de setembro de 2025

EXTRAESCOLARES 2025 -26

 Estas son as actividades extraescolares que ofertamos para este curso


O prezo para os NON SOCIOS DO ANPA verase incrementado en 5€ en todas as actividades.

Para calquera dúbida ou suxerencia anpa.froebel@gmail.com.


Podedes descargar aquí a ficha de inscrición. Unha vez cuberta, podédela enviar por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou ben entregala na caixa de correo da ANPA, que está situada diante da porta de infantil. Agradecemos que a entreguedes canto antes para poder organizar mellor os grupos.