sábado, 17 de decembro de 2022

Festa de Nadal




O vindeiro xoves, coincidindo co remate das clases, faremos unha pequena celebración no Centro para que todas as familias que o desexen poidan despedir como se merece o primeiro trimestre!! 

¡Animádevos! 

PD: toda axuda é benvida! Asi que os pais e nais que queiran colaborar dalgún xeito que contacten coa ANPA!

martes, 13 de decembro de 2022

Obradoiros de Nadal





 

 

Luns 19 de decembro

Horario: 16:30 a 14:30

Prezo socios: 4€   Non Socios: 8€

De 5 a 12 anos

Mín 12 máx 15

 





 


 

 

Martes 20 de decembro

Horario: 16:30 a 17:30

Prezo socios: 4 €   Non socios: 8€

Todas as idades


 




 


 

 

Mércores 21 de decembro

Horario: 16:30 a 17:30

Prezo socios: 4 €   Non socios: 8€

Todas as idades

 

 

Podedes anotarvos no local da anpa os días:

  • Martes 13 de 17.30 a 18.30
  • Mércores 14 de 17.30 a 18.30

No mail : anpa.froebel@gmail.com

luns, 12 de decembro de 2022

Recollida de xoguetes solidaria

Como en outras ocasións, este ano tamén colaboraremos coa Asociación Boa Vida na Recollida de xoguetes en bo estado para o Nadal. Este ano, o obxetivo da Asociación é alcanzar a cifra de 6.000 agasallos. Estamos seguros que coa solidariedade que ven demostrando a comunidade do CEIP FROEBEL durante todos estes anos vamos a axudar a conseguir que o logren. 


Se queredes colaborar, podedes deixar os xoguetes no Centro polas mañáns ata o día 20 de decembro y os días 12,13 e 14 de decembro no local da ANPA de 17:30-18:30.


 Para calquera dúbida: anpa.froebel@gmail.com




luns, 14 de novembro de 2022

Perigos de Internet

E rematamos Novembro cunha charla que nos parece moi interesante🚨

Os nosos fillos e fillas naceron na era dixital🖥 e nos deberíamos poñernos ó día🤓. Desta forma as nais , pais e o profesorado poden aprender que perigos hai en Internet, perigos aos que se enfrentan os nosos fillos. Tamén se explicaran termos como stalking, grooming, sexting.

Taller subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade.


Inscricións: anpa.froebel@gmail.com



venres, 11 de novembro de 2022

XOGANDO COA IGUALDADE


Nota: Modifícase os grupos de idade a 1º e 2º primaria. Se houbese alguén de 5º e 6º E. I. interesado que fale directamente coa Balea Das cores para telo en conta.


Este obradorio dará ás familias a oportunidade de probar cos nenos e nenas unha selección de xogos, e proporcionaralle pautas e criterios a practicar na casa para evitar estereotipos sexistas  

Trataráse que nais, pais, cativas e cativos comprendan que teñen os mesmos dereitos e que non hai nada que non poidan facer polo feito de ser nena ou neno. Tamén se fará un pequeno contacontos   no que, serán protagonistas os libros infantís que fomenten os valores da igualdade e que afasten ás nenas e nenos dos estereotipos de xénero. A súa vez os libros seleccionados poñeran en valor a riqueza da diversidade, apostando pola inculcación de valores baseados no respecto e na tolerancia.

Para facer isto levarase a cabo unha charla introductoria sobre xoguetes en igualdade, xogos cooperativos e como o xogo pode axudar a unha linguaxe non sexista. A continuación faranse grupos para poder explicarlles os diferentes xogos e que eles aprendan xogando, que é unha das mellores maneiras de facelo, tanto para os maiores como para os máis pequenos.

Disfrutaremos dun momento lúdico, no que as nenas e nenos xogarán compartindo espacio e material, e onde non terán cabida os tópicos preexistentes sobre os roles atribuidos tradicionalmente a mulleres e homes.

 

Obxetivos:

- Guiar ás familias para que escollan xoguetes, libros, puzzles e xogos de mesa educativos e non sexistas que contribúan a ofreer unha visión nova e máis acorde coa igualdade entre sexos.

- Formar ás familias mediante o xogo, para proporcionarlles pautas e criterios a prácticar na casa para evitar os estereotipos sexistas.

- Xogar coas familias para fomentar valores e actitudes de igualdade que lles ensinen a compartir a vida dende o respecto, o recoñecemento mutuo, a autonomía e a corresponsabilidades

 

Obradorio impartido por@abaleadasxores  e dirixido ós alumnos de 5º e 6º de infantils


Para anotarvos, directamente por WhatsApp no teléfono da @abaleadascores

 


xoves, 3 de novembro de 2022

Defensa Personal contra o Bulling


E seguimos cun Novembro cheo de actividades.

O próximo día 9 convidamos ás familias de Primaria a que se apunten ó Obradoiro organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará a Defensa Personal contra o Bulling.

A través deste obradoiro queremos introducir as familias dunha maneira lúdica a que coñezan como a través da defensa persoal os nenos e nenas poden facer fronte ao bullying, no só a nivel físico, senon tamén porque lles brinda fortaleza mental e emocional para enfrentarse aos seus agresores.

O máis importante é que non se pretende ensinar aos nenos e nenas a atacar, senon todo o contrario a evitar a violencia, a ser respetuosos, a solidaridade e a igualdade; esta enfocado de tal forma que o acosado teña os instrumentos necesarios para fomentar a súa autoestima de

forma que sepa ignorar o acoso, ao tempo que aos acosadores se lles conciencia e se lles ensina empatia. O mesmo tempo intentase concienciar e ensinar as nais e pais que os nenos e nenas precisan o seu apoio contra o bullying.

É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita

Agardamos que sexa do voso interés!!

domingo, 30 de outubro de 2022

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Todos os membros da ANPA Pardo Barzán do CEIP Froebel están convocados a unha asemblea ordinaria, que se celebrará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior.

  2. Presentación oficial da xunta directiva.

  3. Aprobación de contas curso 2021-2022.

  4. Informe do Tesorero sobre a situación económica actual. Subvencións e cotas de socios.

  5. Orzamento do exercicio 2023.

  6. Proxectos en desenvolvemento e futuros.

  7. Eleccións ao Consello Escolar.

  8. Rogos e preguntas.


Teremos servizo de gardería de 18:00 a 20:00 horas para quen o precise.


Esperamos que poidades asistir á reunión e participar así na vida do colexio.

Se aínda non te fixeches socio/a e estás interesado en asociarte aínda podes, descarga a ficha do noso blogue anpafroebel.blogspot.com.es e entrégaa na caixa de correo da anpa o enviando un mail a anpa.froebel@gmail.com, xunto co xustificante de pago da cota.


luns, 24 de outubro de 2022

XOGO DAS INVISIBLES

 


Convidamos a todos os pais e nais do CEIP Froebel, a un obradoiro en familia de igualdade, onde poderémos aprender moitas cousas xogando, obradoiro impartido por Imaxina, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 Será o mércores 2 de Novembro as 18:30 h. No CEIP Froebel.

 É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita.

            Vinde a pasalo ben a e aprender en familia, Agardamosvos a todos!!!

domingo, 23 de outubro de 2022

🎃Obradoiro da historia do samaín🎃



O vindeiro venres 28 de outubro queremos celebrar a proximidade de Samain cun obradoiro sobre a historia desta celebración en Galicia.

Será de 16:30 a 18:00 horas no colexio.

Despois contaránnos o conto “A bruxa regañadentes”. 🧙🏽‍♀️

E para que na noite de Samaín, non se nos acheguen nin bruxas, nin pantasmas, nin trasgos, nin outras criaturas máxicas construiremos un amuleto 🎖️artesanal antimeigas. Como o faremos? Empregaremos arxila, que é un elemento orgánico ideal para modelar de forma artesanal e artística, darémoslle forma e o decoraremos. Ademais, ao noso amuleto, poñerémoslle unha corda para poder levalo co
nnosco coma un colar protector, ó que lle transmitiremos maxia a través dun feitizo que pronunciaremos todas e todos. 

Para rematar teremos unha pequena merenda con chocolate. 

Recadaremos un bote de 5€ por familia socia y 8€ familia NO socia que participe na merenda.

Precisamos que confirmes a asistencia respondendo ó correo electrónico do anpa.

 Esperamos que o pasedes moi ben.

Por suposto podedes vir disfrazados!!🧛🧛‍♀️

mércores, 19 de outubro de 2022

Xa chegaron as AXENDAS!!!!

Un pouco tarde pero todos os nosos socios xa teñen as súas axendas, que chulas quedaron!!! Un deseño moi bonito grazas a Darytech


mércores, 28 de setembro de 2022

ACTUALIZACIÓN EXTRAESCOLARES (02/10/2022)

A dia de hoxe as extraescolares quedarían do seguinte xeito e todas excepto Badminton comezan a partir de mañá (03/10/2022) :

 

🔵LUNS:            16:30 - 17:30     👥Educación emocional 🧠    

17:30 - 18:30     🥋Taewkondo🥋                        

🔵MARTES:      16:30 - 17:30          🛼Patinaxe🛼

17:30 - 18:30      👩‍🎨Pintura e debuxo🧑‍🎨

   🕺🏽Baile moderno🕺🏽

🔵MERCORES: 16:30 - 17:30      🏸Badminton🏸   Pendente data do comezo

                             17:30 - 18:30      🏐BALONMAN  (Depoescolas)  nas instalacions do colexio

🔵XOVES:         16:30 - 17:30     🎭Teatro

 

🏊‍♂️🏊‍♀️PISCINA: xa xestionados por Beone. Recordar importante ingresar na conta do ANPA o cuatrimestre.

  

🛹SKATE: pendente de confirmar se finalmente pode quedar o grupo cos 6 nenos anotados ( poñeremonos en contacto coas familias directamente).

 

Saudos!!

xoves, 22 de setembro de 2022

ÚLTIMO DIA PARA EXTRAESCOLARES!!

Queremos trasladar o número de plazas e os prazos por si houbera algunha familia dubidando e tamén poder organizar xa as actividades que podremos ofertar este curso.

 🔸PISCINA, BAILE MODERNO, TAEWCONDO, PINTURA E DEBUXO, PATINAXE E MAIS BALONMANO teñen as prazas suficientes e sairán adiante.🟢

🔸EDUCACIÓN EMOCIONAL: actualmente hai 7 inscripcións, faltaría un único neno para pechar grupo 🟠

🔸TEATRO E MULTIDEPORTE: faltan 2 inscripcións para ter grupo e poder realizar as actividades.🟠

🔸BADMINTON: hai 6 nenos e necesitamos 10.🟠

🔸SKATE: faltarían 3.

🔸LUDOCONCILIA, INGLES, COCIÑA E BAILE GALEGO teñen entre 1 e 3 solicitudes polo que é complicado que salga.🔴

  

PLAZOS:

 🔺Skate, Baile gallego, LudoConcilia, Pintura e debuxo  hasta el 27 de Septiembre

🔺Badminton hasta el 30 de septiembre con un mínimo de niños de 10

🔺el resto de actividades hasta el 23 de septiembre (MAÑAN)

 

NOTA: a actividade de balonmán, non se celebrará polas "Depoescolas" co que queda eliminada do calendario.

 

Animádebos!

Calquera duda, no correo electrónico vos atenderemos sin problema.

 

Saúdos!

luns, 12 de setembro de 2022

HORARIOS DE ATENCIÓN


Durante o mes de setembro estaremos no local da ANPA, RÚA MARTITEGUI Nº 3, 36002, PONTEVEDRA, no seguinte horario:

Mañás: do 12 ao 16 de setembro de 09:00 a 09:30.

Tardes: 12, 14, 19 e 21 de setembro de 18:00 a 18:30.

A través do mail:  anpa.froebel@gmail.com.


Tamén podes ampliar información no noso blog: https://anpafroebel.blogspot.com

xoves, 1 de setembro de 2022

Horario curso 2022 - 23

Xa temos os horarios concretados para que organicedes as entradas deste primeiro día. 

Recordade que este ano xa recuperamos os horarios habituais de 9 a 2, suprimindo as entradas e saídas escaladas.


xoves, 23 de xuño de 2022

Actividades extraescolares 2022-2023

Estas son as actividades extraescolares que ofertamos para o próximo curso.

Actividade

Día

Horario

Prezos

SOCIOS ANPA

idades

Multideporte

Luns

16:30-17:30

14€/mes

3 a 6

Educación emocional

Luns

16:30-17:30

16€/mes

Todos

Taekwondo

Luns

17:30-18:30

14€/mes

Todos

Inglés Trinity

Martes

16:30-17:30

14€/mes

3 a 6

Patinaxe

Martes

16:30-17:30

14€/mes

6 a 12

Baile moderno

Martes

17:30-18:30

14€/mes

Todos

Pintura e debuxo

Martes 

17:30-18:30

15/mes € sin material

Todos

Mans creativas

Mércores

16:30-17:30

18€/mes con material

3 a 6

Badminton

Mércores

16:30-17:30

12€/mes

6 a 12

Balonman

Mércores

17:30-18:30

Gratuito (Depoescolas)

6 a 12

Teatro

Xoves

16:30-17:30

14€/mes

Todos

Skate

Xoves

16:30-17:30

15€/mes

6 a 12

Baile galego

Xoves

17:30-18:30

15€/mes

Todos

Cociña

Xoves

16:30-18:00

21€/mes

Todos

Robótica

Xoves

17:30-18:30

25€/mes

Primaria

Piscina (BeOne)

Venres

15:45–16:30

38,98€/Cuatrimestre *

Todos


* O prezo pode verse incrementado no 2º Cuadrimestre nun 2,5%  

 

Ademais destas actividades ofertamos LUDO CONCILIA que cubrira o horario de 16:30 a 17:30 todas as tardes de luns a xoves (venres, pendente permisos). Os prezos serian os seguintes para os socios do ANPA:

Días á semana

Prezo mensual por neno/a

Todos os días da semana 

30,63€ 

4 días á semana 

24,50€

3 días á semana 

18,38€

2 días á semana 

12,25€

1 día á semana 

6,13€

Esporádicos (días soltos) 

2,50€ por día 

 

O pO prezo para os NON SOCIOS DO ANPA verase incrementado en 5€ en todas as actividades.

No Para calquera dúbida ou suxerencia anpa.froebel@gmail.com.