martes, 17 de decembro de 2024
luns, 16 de decembro de 2024
🌲FESTA DO NADAL🌲
Como cada ano, celebraremos o Nadal con Papá Noel na Escola pola tarde.
Este ano, encargaránse alguns alumnos de sexto de preparar a merenda e algunha sorpresiña mais.Agardamos que os animedes a vir!! O XOVES 19 de 17:00 a 20:00 horas
domingo, 10 de novembro de 2024
Charlas de igualdade para familias
●As relacións e cómo educar.
● Prevención do abuso sexual.
A charla é totalmente gratuita
Recollida de xoguetes solidaria
Como en outras ocasións, este ano tamén colaboraremos coa Asociación Boa Vida na Recollida de xoguetes en bo estado para o Nadal. Estamos seguros que coa solidariedade que ven demostrando a comunidade do CEIP FROEBEL durante todos estes anos vamos a axudar a conseguir que o logren.
Se queredes colaborar, podedes deixar os xoguetes no Centro polas mañáns ata o día 19 de decembro e se non pode ser durante a mañá poden poñerse en contacto a través do mail do ANPA e buscaremos unha oco durante unha tarde.
Para calquera dúbida: anpa.froebel@gmail.com
xoves, 7 de novembro de 2024
Obradoiro defensa persoal en familia
E seguimos cun Novembro cheo de actividades.
O próximo día 14 convidamos ás familias que se apunten ó Obradoiro organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará a Defensa Personal contra o Bulling.
A través deste obradoiro queremos introducir as familias dunha maneira lúdica a que coñezan como a través da defensa persoal os nenos e nenas poden facer fronte ao bullying, no só a nivel físico, senon tamén porque lles brinda fortaleza mental e emocional para enfrentarse aos seus agresores.
O máis importante é que non se pretende ensinar aos nenos e nenas a atacar, senon todo o contrario a evitar a violencia, a ser respetuosos, a solidaridade e a igualdade; esta enfocado de tal forma que o acosado teña os instrumentos necesarios para fomentar a súa autoestima de
forma que sepa ignorar o acoso, ao tempo que aos acosadores se lles conciencia e se lles ensina empatia. O mesmo tempo intentase concienciar e ensinar as nais e pais que os nenos e nenas precisan o seu apoio contra o bullying.
É preciso confirmar asistencia no mail anpa.froebel@gmail.com co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita
Agardamos que sexa do voso interés!!
venres, 25 de outubro de 2024
LudoFroebel 4 Novembro
A inscrición será por orde de chegada das solicitudes, que se realizarán a través do mail info@imaxina.net, ata completar as praza tendo en conta que terán preferencia os socios.





