domingo, 10 de novembro de 2024

Recollida de xoguetes solidaria


Como en outras ocasións, este ano tamén colaboraremos coa Asociación Boa Vida na Recollida de xoguetes en bo estado para o Nadal. Estamos seguros que coa solidariedade que ven demostrando a comunidade do CEIP FROEBEL durante todos estes anos vamos a axudar a conseguir que o logren. 


Se queredes colaborar, podedes deixar os xoguetes no Centro polas mañáns ata o día 19 de decembro e se non pode ser durante a mañá poden poñerse en contacto a través do mail do ANPA e buscaremos unha oco durante unha tarde.


 Para calquera dúbida: anpa.froebel@gmail.com




Ningún comentario:

Publicar un comentario