domingo, 30 de outubro de 2022

CONVOCATORIA ASAMBLEA ORDINARIA

Todos os membros da ANPA Pardo Barzán do CEIP Froebel están convocados a unha asemblea ordinaria, que se celebrará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas en primeira convocatoria e ás 18.30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:


  1. Lectura e aprobación da acta anterior.

  2. Presentación oficial da xunta directiva.

  3. Aprobación de contas curso 2021-2022.

  4. Informe do Tesorero sobre a situación económica actual. Subvencións e cotas de socios.

  5. Orzamento do exercicio 2023.

  6. Proxectos en desenvolvemento e futuros.

  7. Eleccións ao Consello Escolar.

  8. Rogos e preguntas.


Teremos servizo de gardería de 18:00 a 20:00 horas para quen o precise.


Esperamos que poidades asistir á reunión e participar así na vida do colexio.

Se aínda non te fixeches socio/a e estás interesado en asociarte aínda podes, descarga a ficha do noso blogue anpafroebel.blogspot.com.es e entrégaa na caixa de correo da anpa o enviando un mail a anpa.froebel@gmail.com, xunto co xustificante de pago da cota.


luns, 24 de outubro de 2022

XOGO DAS INVISIBLES

 


Convidamos a todos os pais e nais do CEIP Froebel, a un obradoiro en familia de igualdade, onde poderémos aprender moitas cousas xogando, obradoiro impartido por Imaxina, e subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade.

 Será o mércores 2 de Novembro as 18:30 h. No CEIP Froebel.

 É preciso confirmar asistencia no whassap de Imaxina (644731093) co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita.

            Vinde a pasalo ben a e aprender en familia, Agardamosvos a todos!!!

domingo, 23 de outubro de 2022

🎃Obradoiro da historia do samaín🎃



O vindeiro venres 28 de outubro queremos celebrar a proximidade de Samain cun obradoiro sobre a historia desta celebración en Galicia.

Será de 16:30 a 18:00 horas no colexio.

Despois contaránnos o conto “A bruxa regañadentes”. 🧙🏽‍♀️

E para que na noite de Samaín, non se nos acheguen nin bruxas, nin pantasmas, nin trasgos, nin outras criaturas máxicas construiremos un amuleto 🎖️artesanal antimeigas. Como o faremos? Empregaremos arxila, que é un elemento orgánico ideal para modelar de forma artesanal e artística, darémoslle forma e o decoraremos. Ademais, ao noso amuleto, poñerémoslle unha corda para poder levalo co
nnosco coma un colar protector, ó que lle transmitiremos maxia a través dun feitizo que pronunciaremos todas e todos. 

Para rematar teremos unha pequena merenda con chocolate. 

Recadaremos un bote de 5€ por familia socia y 8€ familia NO socia que participe na merenda.

Precisamos que confirmes a asistencia respondendo ó correo electrónico do anpa.

 Esperamos que o pasedes moi ben.

Por suposto podedes vir disfrazados!!🧛🧛‍♀️

mércores, 19 de outubro de 2022

Xa chegaron as AXENDAS!!!!

Un pouco tarde pero todos os nosos socios xa teñen as súas axendas, que chulas quedaron!!! Un deseño moi bonito grazas a Darytech


mércores, 28 de setembro de 2022

ACTUALIZACIÓN EXTRAESCOLARES (02/10/2022)

A dia de hoxe as extraescolares quedarían do seguinte xeito e todas excepto Badminton comezan a partir de mañá (03/10/2022) :

 

🔵LUNS:            16:30 - 17:30     👥Educación emocional 🧠    

17:30 - 18:30     🥋Taewkondo🥋                        

🔵MARTES:      16:30 - 17:30          🛼Patinaxe🛼

17:30 - 18:30      👩‍🎨Pintura e debuxo🧑‍🎨

   🕺🏽Baile moderno🕺🏽

🔵MERCORES: 16:30 - 17:30      🏸Badminton🏸   Pendente data do comezo

                             17:30 - 18:30      🏐BALONMAN  (Depoescolas)  nas instalacions do colexio

🔵XOVES:         16:30 - 17:30     🎭Teatro

 

🏊‍♂️🏊‍♀️PISCINA: xa xestionados por Beone. Recordar importante ingresar na conta do ANPA o cuatrimestre.

  

🛹SKATE: pendente de confirmar se finalmente pode quedar o grupo cos 6 nenos anotados ( poñeremonos en contacto coas familias directamente).

 

Saudos!!

xoves, 22 de setembro de 2022

ÚLTIMO DIA PARA EXTRAESCOLARES!!

Queremos trasladar o número de plazas e os prazos por si houbera algunha familia dubidando e tamén poder organizar xa as actividades que podremos ofertar este curso.

 🔸PISCINA, BAILE MODERNO, TAEWCONDO, PINTURA E DEBUXO, PATINAXE E MAIS BALONMANO teñen as prazas suficientes e sairán adiante.🟢

🔸EDUCACIÓN EMOCIONAL: actualmente hai 7 inscripcións, faltaría un único neno para pechar grupo 🟠

🔸TEATRO E MULTIDEPORTE: faltan 2 inscripcións para ter grupo e poder realizar as actividades.🟠

🔸BADMINTON: hai 6 nenos e necesitamos 10.🟠

🔸SKATE: faltarían 3.

🔸LUDOCONCILIA, INGLES, COCIÑA E BAILE GALEGO teñen entre 1 e 3 solicitudes polo que é complicado que salga.🔴

  

PLAZOS:

 🔺Skate, Baile gallego, LudoConcilia, Pintura e debuxo  hasta el 27 de Septiembre

🔺Badminton hasta el 30 de septiembre con un mínimo de niños de 10

🔺el resto de actividades hasta el 23 de septiembre (MAÑAN)

 

NOTA: a actividade de balonmán, non se celebrará polas "Depoescolas" co que queda eliminada do calendario.

 

Animádebos!

Calquera duda, no correo electrónico vos atenderemos sin problema.

 

Saúdos!

luns, 12 de setembro de 2022

HORARIOS DE ATENCIÓN


Durante o mes de setembro estaremos no local da ANPA, RÚA MARTITEGUI Nº 3, 36002, PONTEVEDRA, no seguinte horario:

Mañás: do 12 ao 16 de setembro de 09:00 a 09:30.

Tardes: 12, 14, 19 e 21 de setembro de 18:00 a 18:30.

A través do mail:  anpa.froebel@gmail.com.


Tamén podes ampliar información no noso blog: https://anpafroebel.blogspot.com