Bases del concurso aquí
Hoxe preguntáronme se valía a pena facerse da Anpa, pero non como membro da Xunta Directiva, senón socio, que responder a iso? é certo que este curso non hai extraescolares pero se non existise a Anpa, non habería servizo de comedor, tampouco madruga, e as axendas gratis, nin tolos, e os folios para todos, e o material que recibiron algunhas nenas e nenos que non teñen medios, ou as máscaras, tamén os descontos nunhas cantas empresas da cidade. Pero iso non é a Anpa, a través nosa xestiónanse moitas cousas máis, levamos traballando toda a corentena e todo o verán a carón do centro para que a educación de todas as nenas e nenos do centro sexa de calidade. Pero se precisades máis razóns para ser socios da anpa aquí vos deixamos unhas cantas das cousas as que nos dedicamos o longo do curso é non son visibles.
1- Somos unha asociación sen ánimo de lucro, formada por pais e nais do alumnado do centro educativo, coa finalidade de participar en intervir na xestión do centro, co fin de mellorar a educación e lograr un bo clima de convivencia.
2- Colaboramos nas actividades educativas do centro, así como impulsamos outras, e en actividades complementarias ou extraescolares.
3- Estamos no Consello Escolar e animámosvos a que participedes nel.
4- Promovemos programas de educación familiar.
5- Representamos as familias asociadas ante as instancias educativas e outros organismos.
6- Fomentamos as relacións de cooperación co centro e outros centros educativos e cos sectores sociais e culturais do entorno.
7- Promovemos a plena realización do principio de gratuidade no ámbito do centro, como a efectiva igualdade de dereitos de todo o alumnado, sen discriminación por razóns económicas, ideolóxicas, confesionais, raza ou sexo.
8- Promovemos relacións de colaboración dos pais e nais co profesorado e as boas relacións entre ambos.
9- Promover e desenvolver cantas actividades sexan necesarias para conseguir os obxectivos sinalados, en especial: fomento dunha alimentación saudable do alumnado e familias en xeral, sensibilización medio ambiental, actividades culturais, promoción da coeducación e a educación na diversidade entre a comunidade educativa.
10- Promocionar, planificar e realizar actividades de participación e voluntariado social, cultural e ambiental entre a comunidade educativa.
A Anpa colabora estreitamente nas iniciativas educativas do centro, e dunha maneira especial, nas actividades complementarias e extraescolares. Pero para poder facer todo isto, precisamos o voso respaldo, cantos máis sexamos máis cousas podemos realizar, máis forza temos, e por suposto dende a Xunta Directiva, con máis ganas traballamos, porque queremos recordarvos a todos que a nosa función a realizamos de forma voluntaria, quitándolle horas as nosas familias pero loitando por todas as nenas e nenos dos socios.
Iso si pensade que isto é un pequeno resumo de todo o que se fai.
FAITE SOCIO/A PRECISAMOSTE E PRECISASNOS.
Convocamos a todos os socios e socias da ANPA Pardo Bazán do CEIP Froebel a unha Asamblea Ordinaria, que se celebrará o xoves día 29 de outubro, ás 19.00 en primeira convocatoria e ás 19.30 en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día:
Este ano debido as restricións da Covid-19 farémolo de forma telemática, pedimosvos que nos confirmedes asistencia, para saber cantas conexions precisamos, a través do mail anpa.froebel@gmail.com
Xa podedes facervos socios de nosa ANPA, atopardes toda a información AQUI.
Por que facerse socio?
Compañía AXA
|
|
COBERTURA |
|
Falecemento por accidente |
12.000,00€ |
|
Incapacidade permanente por accidente |
16.000.00€ |
|
Asistencia sanitaria por accidente |
Incluida |
|
Límite de gastos centros concertados |
Ilimitada |
|
Límite de gastos centros libre elección |
1.500,00€ |
|
Asistencia sanitaria no Centro Escolar |
Non incluida |
|
Gastos primeiras prótesis e asistencia dental |
1.500,00€ |
|
Rotura de gafas |
300,00€* |
|
Ciruxía reconstructiva |
1.000,00€ |
|
Profesor de apoio |
10 días |
|
Asistencia en viaxe |
Incluida |
|
Límite máximo do sinistro |
12 meses |
*A rotura de gafas só se cubre se a nena ou neno sufre un accidente con lesións que obrigue a atención médica por parte dun facultativo do cadro médico.
A cobertura é para todos os días lectivos, en horario lectivo e no horario das extraescolares que faga a Anpa, igualmente inclúense as actividades que faga a Anpa nos fins de seman que non estean dentro do período vacacional (nadal, entroido, semana santa, verán…) e a excursión de fin de curso ainda que se producise en período vacacional.
Prezo: 8,50 € por neno/a e curso.
Neste curso usarase de forma preferente o pago en conta.
Ibercaja Banco S.A., C/Riestra Nº21 – IBAN ES13 2085 8377 1503 3011 0740.
Preciso ser socio da Anpa Pardo Bazán
Debido a sobrecarga que supón o Protocolo da Xunta de Galicia, vemonos na obriga de non levar a cabo ningunha actividade extraescolar. A responsabilidade cae completamente sobre a Directiva da Anpa sen ningún apoio por parte das Administracións. Dende a Anpa somos conscientes de que isto sumado a falta do plan madruga e do servizo de comedor, fai moi complicada a conciliación en moitas familias.
O equipo directivo do noso centro conta con todo o noso apoio e solidaridade, estan a inxeniar maneiras para diminuir o risco de contaxio e propagación da Covid-19, organizando unidades de convivencia, turnos para o patio, turnos para a entrada e saída do centro, etc. Esto levanos a pensar que non podemos boicotear todo ese traballo mesturando alumnado nas actividades extraescolares.
É por isto que para o curso que ben por parte da Anpa intentaremos apoiar o centro en todo o que poidamos e axudar a todas as familias que o precisen.
|
AXENDAS ESCOLARES |
Gratuitas para todo o alumnado de educación primaria |
|
EMPRESAS COLABORADORAS |
Descontos en moitas empresas da cidade por ser socios da Anpa |
|
II CONCURSO CONEPCIÓN ARENAL |
Para promover a igualdade e darlle continuidade tanto a axenda como ao concurso. |
|
IGUALDADE |
Grazas a Subvención recibida pola Xunta levaremos a cabo varias actividades sobre o tema para as familias e o alumnado, adaptado os tempos que corren |
|
COLABORACIÓN CO CENTRO |
Axudar ao Centro en todo o que poidamos para a seguridade sanitaria do alumnado |
|
SEGURO ACCIDENTES |
Ofreceremos un seguro de accidentes para o alumnado socio da anpa. |
O longo do curso e según como evolucione todo veremos se podemos facer máis actividades.
Por suposto seguiremos recibindo suxerencias de todos.
Por que facerse socio?