Xa se pode efectuar a solicitude de alta para o curso 2017-18 dos servizos complementarios de comedor e madruga. Para iso, coma en anos anteriores, deberás remitir a ficha cuberta integramente a SERUNION por fax ao núm. 986 454 013 ou ao enderezo de correo info@arumeservicios.gal
Le atentamente as condicións de servizo no PDF anexo xa que hai pequenas novidades que se deben coñecer antes de expresar a conformidade cos regulamentos de comedor.
Descarga o PDF coa ficha de inscrición e condicións AQUÍ.
venres, 28 de xullo de 2017
martes, 20 de xuño de 2017
Actividades extraescolares para o curso 2017-18
Xa podedes consultar a oferta de actividades extraescolares para o vindeiro curso 2017-18. Atoparedes a información na sección adicada ás extraescolares: ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES.
Unha das novidades deste ano é que xa está aberto o prazo de matrícula. Podedes descargar aquí a ficha de inscrición e enviala por correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com ou depositala na caixa de correo da ANPA, que está situada diante da entrada de infantil.

luns, 29 de maio de 2017
Gañadores do concurso de creatividade
Xa se coñecen os gañadores do concurso de creatividade organizado por CEAPA en colaboración con Playdoh e no que participaron nenos e nenas do noso cole. Desta vez non houbo sorte!
Podedes consultar os gañadores no seguinte enlace:
https://www.ceapa.es/content/fallo-del-jurado-premios-del-concurso-de-creatividad-dirigido-niñosas-y-adolescentes-de
Podedes consultar os gañadores no seguinte enlace:
https://www.ceapa.es/content/fallo-del-jurado-premios-del-concurso-de-creatividad-dirigido-niñosas-y-adolescentes-de
martes, 23 de maio de 2017
Axudas á compra de libros de texto e material escolar
Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público.
A información completa pódese atopar na WEB DA XUNTA.
As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.
Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos.
O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial.
A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros.
luns, 1 de maio de 2017
Gran éxito no concurso de Maios
O noso cole foi o gañador do concurso de Maios celebrado hoxe día 1!
Grazas a todas as familias que fixeron isto posible coa súa colaboración.
Podedes consultar a listaxe completa de premios no seguinte enlace:
http://pontevedraviva.com/cultura/36321/concurso-maios-pontevedra-froebel-2017/
E as fotos, AQUÍ.

martes, 28 de marzo de 2017
Subvención das saídas
Desde o curso pasado temos aprobado un acordo para subvencionar
todas as saídas que se fagan fóra do centro escolar. O acordo é
subvencionar a todas as familias socias cun 20% do importe da saída ata
un máximo de 5 euros de aportación. Exceptuamos as saídas de pouco
importe.
Informámosvos disto porque hai uns días os alumnos
de 6º tiveron dúas saídas das que non nos enteramos e non recibiron
subvención da ANPA. Unha vez que nos enteramos, rectificamos e a cada neno/a socios devolvéronselles 3,2 euros.
Para os demáis cursos que xa levaron notas
de saídas nas que non poña que hai desconto para socios da ANPA, que
saibades que sempre hai ese 20% cun máximo de 5 euros. Os que van de
camping teñen todos 5 euros de subvención.
Se
vos avisan dalgunha outra saída na que non figure desconto por ser socio
da ANPA avisádenos, por se o centro se esquece de dicírnolo.
venres, 17 de marzo de 2017
Ludotecas de Semana Santa
O vindeiro luns día 20 de marzo ábrese o prazo de inscrición para as ludotecas de Semana Santa organizadas por FANPA.
Podedes atopar a información no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/ludotecas-de-semana-santa-2017/
Podedes atopar a información no seguinte enlace: http://www.nontedurmas.org/actividades/ludotecas-de-semana-santa-2017/
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)