martes, 21 de febreiro de 2017

Títeres no cole

Pancho é un neno que ama ler. Un día recibe unha visita inusitada: Pepino, unha criatura verde que aparece no seu cuarto despois de saír do libro que está a ler.
A partir dese momento, Pancho buscará un novo conto para Pepino. Atopará ao fin Pepino o seu propio conto?


Esta é a obra de títeres que vai presentar no cole o xoves 23 a compañía Trapusteros Teatro, do Brasil, que se atopa en Galicia nestes días participando en diversos eventos. Esta actividade está organizada conxuntamente pola ANPA e o centro.





luns, 20 de febreiro de 2017

Festa de Entroido


Co obxectivo de recadar fondos para a viaxe de intercambio coa escola Cavour de Catania (Sicilia - Italia), os rapaces e rapazas de 6º, xunto coas súas familias e máis a ANPA, organizan unha 
festa de Entroido.

A festa  vaise celebrar no cole o día 24 de febreiro de 16:30h a 19:30h.

Se realizas un donativo de 2€ terás lambetadas, ademais de rifas para un sorteo e diversión garantida. Non te esquezas tampouco de vir disfrazado, xa que haberá premios para os mellores disfraces!

Os nenos que acudan sós á festa non a poderán abandonar sen autorización por escrito e firmada polos seus pais ou titores.

mércores, 15 de febreiro de 2017

Novo mapa de zonificación escolar

O Consello Escolar Municipal acordou avalar a proposta de Educación para modificar o mapa de zonificación escolar. Segundo varios inspectores asistentes, a Xunta prevé aprobar esta zonificación en marzo, para que o proceso de admisión dos alumnos do próximo curso xa se rexa en función desta normativa.
Podedes ler toda a información e ver como quedan as novas zonas no seguinte enlace:

http://pontevedraviva.com/xeral/34342/asi-sera-nuevo-mapa-zonificacion-escolar-pontevedra/

mércores, 1 de febreiro de 2017

Entrega de premios

Cando os Reis Magos nos visitaron no mes de decembro, cada neno entregoulles unha carta solidaria coa que participaban nunha competición. Hoxe fixemos a entrega de premios á mellor carta de cada curso. As cartas gañadoras foron seleccionadas por un xurado de profes.

Estes son os gañadores: 

Javier Lago Beloso de Infantil       (5 anos)
Elena Martínez Rodríguez             (1º curso)
Alba Trabazo Abelenda                 (2º curso)
Isabel Morante Acuña                    (3º curso)
Roque Pazos Fuentes                     (4º curso)
Noa Fernández Curra                     (5º curso)
Sabela Rivas Campos                     (6º curso)


Podedes ver as fotos da entrega de premios AQUÍ.



 




PARABÉNS A TODOS!!

sábado, 14 de xaneiro de 2017

Contacontos de Nadal


AQUÍ están as fotos das lecturas de contos de Nadal que fixemos o día 20 de decembro.

Aproveitamos para ir adiantando que en breve volveremos  poñer en marcha a experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai varios anos. As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo normalmente un venres, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.  

Aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos. Se nunca o probastes, animádevos este ano e seguro que non vos arrepentides! Nuns días farémosvos chegar máis información.

Fotos da visita do Apalpador

Como xa vos comentamos, o día 21 de decembro o cole celebrou o Día de Minnesota. Esta festa, organizada polos profes de inglés, vense celebrando nos últimos anos para dar a coñecer o lugar de orixe dos distintos lectores de inglés que temos cada ano no centro. E como tamén xa é tradición, a ANPA aportou uns hotdogs e pipocas de millo, que este ano repartiu o Apalpador. Podedes ver as fotos AQUÍ


xoves, 12 de xaneiro de 2017

Fotos da visita dos Reis Magos

Xa podedes ver as fotos da visita que fixeron os Reis Magos ao cole o pasado día 19 de decembro.


Clica AQUÍ