domingo, 10 de novembro de 2024

Charlas de igualdade para familias

O próximo día 27 convidamos ás familias que se apunten ó una charla de igualdade organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará o tema da educación afectivo sexual cos seguintes puntos:

●As relacións e cómo educar.

● Prevención do abuso sexual.

A charla é totalmente gratuita

Agardamos que sexa do voso interés!!  Os esperamos !!!


 

Recollida de xoguetes solidaria


Como en outras ocasións, este ano tamén colaboraremos coa Asociación Boa Vida na Recollida de xoguetes en bo estado para o Nadal. Estamos seguros que coa solidariedade que ven demostrando a comunidade do CEIP FROEBEL durante todos estes anos vamos a axudar a conseguir que o logren. 


Se queredes colaborar, podedes deixar os xoguetes no Centro polas mañáns ata o día 19 de decembro e se non pode ser durante a mañá poden poñerse en contacto a través do mail do ANPA e buscaremos unha oco durante unha tarde.


 Para calquera dúbida: anpa.froebel@gmail.com




xoves, 7 de novembro de 2024

Asamblea ordinaria


 

Obradoiro defensa persoal en familia



E seguimos cun Novembro cheo de actividades.

O próximo día 14 convidamos ás familias que se apunten ó Obradoiro organizado por @imaxina.servizoseducativos e subvencionado pola Secretaría Xeral de igualdade no que se tratará a Defensa Personal contra o Bulling.

A través deste obradoiro queremos introducir as familias dunha maneira lúdica a que coñezan como a través da defensa persoal os nenos e nenas poden facer fronte ao bullying, no só a nivel físico, senon tamén porque lles brinda fortaleza mental e emocional para enfrentarse aos seus agresores.

O máis importante é que non se pretende ensinar aos nenos e nenas a atacar, senon todo o contrario a evitar a violencia, a ser respetuosos, a solidaridade e a igualdade; esta enfocado de tal forma que o acosado teña os instrumentos necesarios para fomentar a súa autoestima de

forma que sepa ignorar o acoso, ao tempo que aos acosadores se lles conciencia e se lles ensina empatia. O mesmo tempo intentase concienciar e ensinar as nais e pais que os nenos e nenas precisan o seu apoio contra o bullying.

É preciso confirmar asistencia no mail anpa.froebel@gmail.com co nome e apelidos dos asistentes e idades. A charla é totalmente gratuita

Agardamos que sexa do voso interés!!