luns, 15 de maio de 2023

Taller de meditación para familias


Organizamos un taller gratuíto de iniciación en Meditación para familias o luns 5 de xuño, de 18:00h a 19:00h no colexio. Será impartido por unha mamá da ANPA.
Como sabedes, a meditación é unha técnica de relaxación mental con moitos beneficios que se pode aprender desde pequenos, axudando a mellorar o benestar de mozos e maiores.
A actividade é apta para nenos e nenas de todos os cursos, mamás, papas, avoas e avós.

Esperamos que vos resulte interesante
Enviedes un email ó ANPA antes do día 4 de xuño confirmando asistencia.
📥 anpa.froebel@gmail.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario