luns, 15 de maio de 2023

Andaina polo Lérez


Hemos organizado un paseo polo roteiro de sendeirismo do río Lérez para o vindeiro mércores 17 de maio pola mañá (día dás Letras Galegas). Se non chove, claro.
Roteiro: Senda do Lérez. Punto de encontro: Praia fluvial.
Iniciaremos a marcha ás 11:15h desde a praia fluvial, volvendo sobre as 13:30 para facer un picnic saudable na illa das esculturas.

Para o picnic, pedirémosvos que traiades exclusivamente alimentos que poidan considerarse saudables, que sirvan de exemplo para os nenos de alimentación sa.
Necesitamos saber cantas persoas están interesadas para organizarnos mellor, así que vos pedimos que enviedes un email ó ANPA antes do día 15 de maio confirmando asistencia.
📥 anpa.froebel@gmail.com



Ningún comentario:

Publicar un comentario