Lecturas de pais e nais
Lembrámosvos que segue en marcha a experiencia das lecturas no colexio, que comezamos hai seis anos. As lecturas no colexio consisten que nós, os pais e nais, vaiamos ler ás clases dos nosos fillos e fillas. Facémolo un venres, unha vez ao mes, durante o tempo de lectura que eles teñen cada día (de 12:10h a 12:35h). Os textos, o estilo literario e o idioma escollémolos nós, así como o curso ao que queremos ir ler. Incluso podemos ir ler cun neno ou nena de primaria ás clases de infantil.
Os que xa participamos máis veces nesta experiencia querémosvos animar a participar: aos nenos e nenas encántalles que as nais e pais vaiamos ao cole e para nós é unha experiencia moi divertida, ademais de enriquecedora para todos.
A iniciativa está enmarcada dentro do proxecto da Biblioteca e está incluída no Plan Xeral Anual do centro. As lecturas comezaron no mes de xaneiro, pero aínda estades a tempo de participar. O próximo día de lectura será o venres 29 de abril.
Para anotarvos, enviade un correo electrónico a anpa.froebel@gmail.com indicando o voso nome, e-mail e teléfono (Asunto: Lectura).
Se tedes algunha dúbida ou queredes informarvos máis en profundidade sobre esta actividade podedes falar con María Curra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario