Compartimos esta bonita iniciativa na que colabora o Servizo de Normalización 
Lingüística do Concello de Pontevedra, para que todos os nenos e nenas 
escoiten un conto antes de ir durmir.
A familia Sachoconto: unha horta chea de contos!
 
Uns
 cultivan tomates, outros ricas cenorias e a familia Sachoconto cultiva 
contos que agroman cheos de aventuras e diversión! Podedes escoitar unha
 historia diferente cada semana na sección Familia Sachoconto, no web de
 Pontevedra Viva Radio http://pontevedraviva.com/radio/programa/11/familia-sachoconto-pontevedraviva-radio/.
 Enviarémosvos semanalmente as ligazóns aos contos deste espazo no que 
colabora a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de 
Pontevedra e aquí vos deixamos os tres primeiros contos:
- O dragón das palabras http://pontevedraviva.com/radio/emision/48/familia-sachoconto-pontevedraviva-radio/ 
- A tía Rita http://pontevedraviva.com/radio/emision/59/familia-sachoconto-pontevedraviva-radio/ 
- O monstro do canapé http://pontevedraviva.com/radio/emision/72/familia-sachoconto-pontevedraviva-radio/ 
Escoitade, imaxinade e...felices soños!
 
Ningún comentario:
Publicar un comentario