martes, 28 de abril de 2020

#FROEBELNACASA

Xa podedes ver os vídeos e fotos que nos están enviando os nenos e nenas para o concurso, só tedes que picar na seguinte imaxe:





sábado, 25 de abril de 2020

TODOS XUNTOS PODEMOS !!!!

Aquí esta a sorpresiña que vos tiñamos preparada dende o CEIP Froebel e a ANPA Pardo Bazán, agardamos que vos guste.


venres, 17 de abril de 2020

SORTEO #FROEBELNACASA




#FROEBELNACASA é un sorteo para premiar as nenas e nenos que o estan a facer moi ben, e unha forma de estar todos conectado, e por outro lado unha forma de axudar as empresas que sempre nos axudan a nos.
Así que animadevos todas e todos a participar que hai moitos premios, en total 48.
E por suposto seguide así #Froebelnacasa.
As nenas e nenos  que queiran participar deberán enviar a anpa.froebel@gmail.com, unha fotografía, video, debuxo, do que as nenas e nenos queiran, un baile, unha manualidade, unha receita de cociña, un experimento e se queren compartir a explicación tamén. O material presentado será publicado na paxina de facebook e no blog da Anpa Pardo Bazán. Só se terá en conta unha participación por nena ou neno.
Poderasé participar dende hoxe ata o 31 de maio de 2020 ás 00.00 h.

mércores, 15 de abril de 2020

Todo vai sair ben


Nestes momentos tan tristes e complicados nos que nos atopamos, dende a Xunta Directiva da Anpa Pardo Bazán gustaríanos explicarvos como imos afrontar a situación en canto as actividades extraescolares:
  • As clases pendendes do mes de marzo intentaranse recuperar no mes de xuño. Por suposto a partir de abril non se vai emitir ningún recibo.
  • En canto a actividade de piscina estamos a esperar información posto que é un caso excepcional e teñen que estudar aínda como se pode solucionar.

Tamén gustaríanos comentar que tiñamos unhas cantas actividades organizadas para os meses de abril e maio, como un Obradoiro de bicicletas en familia, un Obradoiro de nutrición en familia, Obradoiro de Xabóns e de Jumping Clay, un Obradoiro de Bullying, unha ruta de sendeirismo, un obradoiro para o día das letras galegas, e outro para conmemorar o día da danza, máis unha charla sobre TDAH, loxicamente vémonos na obriga de cancelalo todo. Agardamos poder realizalo igual aínda que sexa no vindeiro curso.

Agardamos a vosa comprensión, e por suposto agardamos que todas e todos esteades ben.

sábado, 7 de marzo de 2020

Obradoiro "Xabons Sorpresa"


            
Esta vez queremos probar cos xabóns, e que mellor para os nenos e nenas que facer o seu propio xabón con sorpresa no seu interior, unha boa forma de ensiñarlles o importante que a hixiene.

Data: luns 23 de marzo de 2020
Prezo para socios: 2
Prezo non socios: 5
                                    Último día para apuntarse 19 de marzo.
Número mínimo de nen@s 12
Plazas limitadas

Horario no local da anpa: intentaremos de luns a venres de 9:05 a 9:15, se nese horario non podedes mandade un mail a anpa.froebel@gmail.com ou chamádenos. 

luns, 2 de marzo de 2020

Ludoteca 20 Marzo

O día 20 de Marzo é non lectivo para o noso colexio, por iso desde nosa ANPA ofertamos a seguinte ludoteca:



sábado, 29 de febreiro de 2020

CONTACONTOS POLA IGUALDADE

Dende a Anpa Pardo Bazán, con Imaxina organizamos un CONTACONTOS + OBRADOIRO POLA IGUALDADE. Formando parte dunha das Actividades Subvencionadas pola Secretaría Xeral de Igualdade.
 
Data: Xoves 12 de marzo as 16:30 a 18:00.  
Prezo de balde.  
Para nenas e nenas de 3 a 9 anos.