luns, 27 de xaneiro de 2020

Obradoiro de Ciencia



Para conmemorar o Día Internacional da muller e a nena na ciencia, dende a Anpa Pardo Bazán, con A Casiña de Teo organizamos un obradoiro de EXPERIMENTOS CIENTÍFICOS PARA NEN@S, unha forma divertida de achegar a ciencia aos nen@s.

Data: Martes 11 de febreiro de 2020 de 16:30 a 17:30
Prezo para socios: 5€
Prezo non socios: 8
                                    Último día para apuntarse 7 de febreiro.

Número mínimo de nen@s 10.

Horario no local da anpa: dende hoxe e ata o 7 de febreiro de luns a venres de 9:05 a 9:15, se nese horario non podedes mandade un mail a anpa.froebel@gmail.com ou chamádenos. 

sábado, 25 de xaneiro de 2020

Obradoiro Ferramientas de supervision parental



Para conmemorar o Día Internacional de Internet Segura, dende a Anpa Pardo Bazán, con Concienciatec organizamos unha charla, Configura os teus dispositivos para que os empreguen con seguridade, “FERRAMENTAS DE SUPERVISIÓN PARENTAL”. Qué podo restrinxir para que o use con seguridade e eu poida estar máis tranquilo/a? Xestionamos o tempo de uso e o contido accesible.

Data: Venres 7 de febreiro de 16:30.
Prezo para socios: 2€ con servizo de gardería.
Prezo non socios: 2€ e 2€ por neno para o servizo de gardería.
                                    
Último día  para apuntarse o luns 3 de febreiro.

Horario no local da anpa: 27 de xaneiro ata o 3 de febreiro de luns a venres de 9:05 a 9:15 e mércores de 17:45 a 18:00.

domingo, 19 de xaneiro de 2020

Obradoiro "Érase unha vez ....a PAZ"




Para conmemorar o día da Non Violencia e a Paz, dende a Anpa Pardo Bazán, con Reviravolta organizamos un obradoiro chamádo “ÉRASE UNHA VEZ… A PAZ”, con el queremos facer chegar de forma sinxela e amena aos nenos e ás nenas, valores tan importantes como a tolerancia, o respecto ou a solidaridade.

            Estará dividido en dúas partes:
            - Contacontos “Os nenos non queren a guerra” (Eric Battut)
            - Actividades complementarias: Elaboración de chapas pola paz e un puzzle imán.

Data: Venres 31 de xaneiro de 16:30 a 18:00.
Prezo para socios: 7€
Prezo non socios: 12€

                                    Último día para apuntarse 27 de xaneiro.

Queremos destacar que este obradoiro é de 20 prazas máximo e mínimo, polo que no caso de non ter todas as prazas cubertas o día 27 de xaneiro non se levará a cabo.

Horario no local da anpa: 20 a 27 de xaneiro de luns a venres de 9:05 a 9:15 e mércores de 17:45 a 18:00.

sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL NO FROEBEL


https://anpafroebel.blogspot.com/p/fotos-navidad-froebel.html

Así foi o nadal no CEIP Froebel, tivemos o venres pola mañá a visita dos Reis Magos, o xoves de maña contos por parte das mamas e papas lectoress e o venres de tarde, festa coa visita de papa noél, karaoke, xogos e sorteo de dúas cestas de nadal patrocinado por as empresas colaboradoras:


Podedes ver as imaxes facendo click na foto
Xa podedes ver como transcorreron os obradoiros de nadal.

martes, 10 de decembro de 2019

UNHA VIAXE POLO NADAL




Queredes vir a pasalo ben, pois animádevos a participar en “Unha viaxe polo Nadal”, onde faremos xogos, obradoiros, pintaremos e habera agasallos e sorpresas para todos, e coñeceremos un pouco outras culturas e outras formas de festexar o nadal. 
Data: xoves 19 de decembro 
Hora: 16:30 a 18:30 
Prezo socios: 5€ 
Prezo non socios: 10 € 

Inscricións no local da anpa de 9.05 a 9:15 de luns a venres, e de 17:45 a 18:00 os mércores ata o día 18 de decembro. 
E se non vos podedes pasar enviádenos un mail a anpa.froebel@gmail.com 
Nota: Recomendamos que traian roupa vella e un tupper.