domingo, 19 de xaneiro de 2020

Obradoiro "Érase unha vez ....a PAZ"




Para conmemorar o día da Non Violencia e a Paz, dende a Anpa Pardo Bazán, con Reviravolta organizamos un obradoiro chamádo “ÉRASE UNHA VEZ… A PAZ”, con el queremos facer chegar de forma sinxela e amena aos nenos e ás nenas, valores tan importantes como a tolerancia, o respecto ou a solidaridade.

            Estará dividido en dúas partes:
            - Contacontos “Os nenos non queren a guerra” (Eric Battut)
            - Actividades complementarias: Elaboración de chapas pola paz e un puzzle imán.

Data: Venres 31 de xaneiro de 16:30 a 18:00.
Prezo para socios: 7€
Prezo non socios: 12€

                                    Último día para apuntarse 27 de xaneiro.

Queremos destacar que este obradoiro é de 20 prazas máximo e mínimo, polo que no caso de non ter todas as prazas cubertas o día 27 de xaneiro non se levará a cabo.

Horario no local da anpa: 20 a 27 de xaneiro de luns a venres de 9:05 a 9:15 e mércores de 17:45 a 18:00.

Ningún comentario:

Publicar un comentario