Con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil que é o 15 de febreiro, propoñemos colaborar nunha acción solidaria co fin de conseguir fondos para a investigación contra o cancro que está a realizar a Unidade CRIS de Terapia Avanzada: https://criscancer.org/es/.
As familias que desexen participar poderán traer 2€, que serán recollidos por representantes da ANPA na xornada de mañá e pasado, a cambio dunha piruleta solidaria e unha postal informativa desta campaña que se repartirá os nenos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario