xoves, 12 de setembro de 2024

Benvidas familias

Un ano máis, dende a Anpa Pardo Bazán do CEIP Froebel, queremos darvos a benvida a este novo curso escolar. Benvida especial a todas aquelas familias que vos incorporades ao noso centro por primeira vez: aquí estamos para axudarvos en todo o que poidamos.

 A información necesaria para que vos fagades socios dá ANPA esta en o seguinte link https://anpafroebel.blogspot.com/p/faite-socio-establecementos.html, porque cantos máis somos, máis cousas podemos conseguir. E por suposto se alguén está interesado en traballar de forma activa coa ANPA non dúbidedes en poñervos en contacto con nos.

Facemos moitas cousas pero aquí vos deixamos un breve resumo:

·         Colaboramos co equipo educativo.

·         Xestionamos as actividades extraescolares.

·         Controlamos que o Plan Madruga e o comedor funcionen como deben.

·         Atendemos a consultas, queixas ou suxerencias das familias a través do mail: anpa.froebel@gmail.com

·         Proporcionamos información variada as familias a través do noso blog, redes sociais e tablón.

·         Xestionamos as Axendas escolares.

·         Organizamos charlas e obradoiros tanto para os rapaces como para as familias. E moitas cousas máis

Información importante para o curso 2024-2025

·         Este ano as axendas de primaria seguirán a ser gratuitas para os socios da anpa, pero terán un custo de 5€ para non socios. 

Horarios de atención

Durante o mes de setembro estaremos no local da ANPA, RÚA MARTITEGUI Nº 3, 36002, PONTEVEDRA, no seguinte horario:

·      Mañás: do 16 ao 20 de setembro de 09:00 a 09:30.

·      Tardes: 17 de setembro de 17:00 a 17:30

              19 de setembro de setembro de 17:30 a 18:00.

·      A través do mail:  anpa.froebel@gmail.com.

Tamén podes ampliar información no noso blog: https://anpafroebel.blogspot.com

 Desexamosvos que teñades un feliz comezo de curso.

 Unha aperta,

Ningún comentario:

Publicar un comentario