Todos os membros da ANPA Pardo Barzán do CEIP Froebel están convocados a unha asemblea ordinaria, que se celebrará o luns 6 de novembro ás 18.00 horas en primeira convocatoria , coa seguinte orde do día:
Lectura e aprobación da acta anterior.
Tesourería: información de Contas curso 22-23 e Orzamento 23-24. Subvencions
Organización das actividades do curso 2023-24.
Rogos e preguntas.
Teremos servizo de gardería de 18:00 a 20:00 horas para quen o precise.
Esperamos que poidades asistir á reunión e participar así na vida do colexio.
Se aínda non te fixeches socio/a e estás interesado en asociarte aínda podes, descarga a ficha do noso blogue anpafroebel.blogspot.com.es e entrégaa na caixa de correo da anpa o enviando un mail a anpa.froebel@gmail.com, xunto co xustificante de pago da cota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario