xoves, 9 de setembro de 2021

¡Benvidas familias!

Un ano máis dende a Anpa Pardo Bazán do CEIP Froebel, queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa a este novo curso escolar, que segue a estar marcado polo Covid-19. Benvida especial a todas aquelas familias que vos incorporades ao noso centro por primeira vez, aquí estamos para axudarvos en todo o que poidamos.

Un ano máis remitimos a información necesaria para que vos fagades socios da Anpa, porque cantos máis sexamos mellor loitamos polos intereses de todos. E por suposto se alguén esta interesado en traballar de forma activa coa Anpa non dúbidedes en poñervos en contacto con nos.

¿Qué facemos? Pois moitas cousas pero aquí vos deixamos un breve resumo.

- Colaboramos co equipo educativo.

- Xestionamos as actividades extraescolares.

- Controlamos que o plan madruga e comedor funcionen como debe ser.

- Atendemos a consultas, queixas ou suxerencias das familias a través do mail: anpa.froebel@gmail.com

- Proporcionamos información variada as familias a través do noso blog, facebook e tablón.

- Xestionamos as Axendas escolares.

- Organizamos charlas e obradoiros tanto para os rapaces como para as familias.

- Facemos recollida de roupa, xoguetes e alimentos ao longo do curso para entregar a persoas que o precisan.

- E moitas cousas máis.

 

Información importante para o curso 2021-2022

Pedimosvos que este ano todos os trámites coa Anpa sexan telemáticos.

Ainda así estaremos no local da Anpa dende o luns 13 de setembro ata o venres 17 de setembro en horario de 9.00 a 10.00 da maña, e o martes e xoves de 18.00 a 18.30.

Este ano as axendas de primaria seguirán a ser gratuitas para os socios da anpa, pero terán un custo de 5€ para non socios.

Asemade os socios non teran que levar o paquete de folios de material que pide o centro posto que o facilitará a Anpa gratuitamente.

Volvemos ofertar o seguro de accidentes do alumnado só para os socios da anpa.

 

Estamos a vosa disposición a través do mail anpa.froebel@gmail.com, no noso facebook @anpafroebelpontevedra, no blog anpafroebel.blogspot.com e nos teléfonos que hai no tablón de anuncios da entrada de infantil.

 

 

 

 

 

 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario