domingo, 23 de setembro de 2018

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2018-19




En primeiro lugar, desde a Directiva da Anpa gustaríanos desculparnos pola tardanza na oferta das extraescolares, debida a un problema cunha empresa.

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN INFANTIL
Horario
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:30 -17:30
JUMPING CLAY
BALLET
MÚSICA
MULTIDEPORTE
MANUALIDADES
17:30 -18:30
ROBÓTICA
CONTACONTOS
INGLÉS
RITMO E MOVEMENTO
BAILE MODERNO

ACTIVIDADES PARA EDUCACIÓN PRIMARIA
Horario
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
16:30 -17:30
JUMPING CLAY / ROBÓTICA
BALLET /
PATINAXE (dende 6ª EI)
BADMINTON/TEATRO
BAILE GALEGO
MANUALIDADES/ZUMBA
17:30 -18:30
BALONCESTO
INGLÉS
BALONMÁN
COCIÑA
TAEKWONDO

PREZOS
EMPRESA
ACTIVIDADE
PREZO
SOCIO ANPA
NON SOCIO ANPA
GAIA ANIMACIÓN
MULTIDEPORTE
14 €
17€
PATINAXE
14€
17€
MANUALIDADES*
14€
17€
COCIÑA*
16€
19€
RITMO E MOVEMENTO
14€
17€
CONTACONTOS
14€
17€
MÚSICA
14€
17€
LOS MIL Y UN EVENTOS
BALLET
12€
15€
BAILE MODERNO
12€
15€
BAILE GALEGO
12€
15€
ZUMBA
14€
17€
TAEKWONDO
15€
17€
INGLÉS
14€
17€
JUMPING CLAY
JUMPING CLAY*
17€
20€
PLAY CODE
ROBÓTICA
19€
22€
HUGO
TEATRO
11€
14€
ESTUDIANTES
BALONCESTO
10€
13€
RAVACHOL
BADMINTON
11€
14€
DEPOESCOLAS
BALONMÁN**
gratuito

Mínimo 8 alumnos por grupo.
As altas e baixas de cada actividade deberán comunicarse antes do 25 de cada mes o mail da anpa: anpa.froebel@gmail.com.

*O prezo de Manualidades, Cociña e Jumping Clay inclúe o material.
**As inscricións de balomán deben facerse a través das depoescolas. Toda a información aquí: www.depo.gal/es/deporte-escolas               
.............................................................................................................................................................................................................................

INSCRICIÓNS:
Adxuntamos a ficha de inscrición, que haberá que entregar cuberta, ben enviándoa por correo electrónico a: anpa.froebel@gmail.com ou ben entregándoa na caixa de correo da ANPA situada diante da porta de infantil. Agradecemos que a entreguedes ata o 27 de setembro para poder comezar coas extraescolares canto antes.

         
PISCINA

Ata o 27 de setembro, pódense solicitar as prazas para o 1º Cuadrimestre da Actividade Extraescolar “PISCINA”, nas instalación de Campolongo. Estas prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, polo que vos recomendamos que nos enviedes canto antes os datos necesarios para facela:

-           NOME E APELIDOS DO/A NENO/A
-           TELÉFONO DE CONTACTO
-           IDADE E CURSO
-           HORARIO (DÍA E HORA) SOLICITADA

As clases do segundo cuadrimestre comezarán o luns 1 de outubro e rematarán o xoves 31 de xaneiro de 2019. Segue o calendario escolar, é dicir: hai actividade extraescolar de piscina cando é día lectivo.

HORARIOS

• As actividades terán una frecuencia de 1 clase semana e unha duración de 45 min por clase.

• As opcións de horario da actividade se oferta de luns a xoves : 16:30-17:15 ou 17:15-18:00 e venres de 16:30 a 17:15, pero sempre dependendo dos niveis ofertados en cada franxa horaria.

PREZO

O prezo da actividade por neno deste segundo cuadrimestre será de 33,60 €.

FORMA DE PAGO

Como novidade, este cuadrimestre o pago realizarase mediante ingreso ou transferencia bancaria, que deberán facer as familias nos 5 días seguintes á realización da reserva no seguinte número de conta: 2085 8377 15 0330110740 (Titular da conta: ANPA PARDO BAZÁN), indicando no concepto nome do/a neno/a.


IDADE MÍNIMA DOS RAPACES

• Os nenos que desexen asistir ó curso de “Natación Extraescolar” han de estar matriculados no vixente ano, como mínimo, en 2º curso do 2º ciclo de Educación Infantil (4 años).          


Ningún comentario:

Publicar un comentario