mércores, 26 de febreiro de 2025

Festa de Entroido

O vindeiro venres 28 de febreiro celebraremos a festa de Entroido no cole de 17:00 a 20:00h. Haberá concurso de disfraces, rifas e mercadillo de 2º man en favor do intercambio con Sicilia.



Vémonos na festa!

xoves, 20 de febreiro de 2025

Ludo Froebel Carnaval (3-4 Marzo)

Os próximos día 3 y 4 de Marzo, é non lectivo e por tanto os nenos non terán clase. Por iso, para que os papás poidan conciliar, o Anpa decidiu ofertar unha ludoteca gratuíta para os socios e cun custo de 10€ para os non socios. 



 A inscrición será por orde de chegada das solicitudes, que se realizarán a través do mail info@imaxina.net, ata completar as praza tendo en conta que terán preferencia os socios.

xoves, 13 de febreiro de 2025

Día Internacional do Cancro Infantil


Con motivo do Día Internacional do Cancro Infantil que é o 15 de febreiro, propoñemos colaborar nunha acción solidaria co fin de conseguir fondos para a investigación contra o cancro que está a realizar a Unidade CRIS de Terapia Avanzada: https://criscancer.org/es/.


As familias que desexen participar poderán traer 2€, que serán recollidos por representantes da ANPA na xornada de mañá e pasado, a cambio dunha piruleta solidaria e unha postal informativa desta campaña que se repartirá os nenos.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

luns, 10 de febreiro de 2025

Campamento Digit@l

 


Dende a ANPA e dentro do programa CODI (Programa de Competencias Digitales para la Infancia) do Ministerio de Xuventude e Infancia, estamos organizando un Campamento DIXITAL para a semana do entroido.


 Os interesados poderanse anotar ata o día 16 de febreiro a través do mail do propio ANPA. 


Sería para nenos a partir de 9 años, os días 3 e 4 de marzo en horario de 09:00-14:00. O Curso é DE BALDE. 

Será necesario que os nenos leven PC ou Tablet propia (pódese compartir 1 equipo electrónico por cada 2 nenos)


É moi importante que os nenos que se anoten se comprometan a ir os dous días. 


Se non se chegan ás 15 inscripción a non se realizará o curso.


La inscripción será en el mail del anpa por riguroso orden de llegada.


Unha aproximaxión do contido do Campamento achégase na imaxen que se adxunta: